Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La editorial de la Deputación (Pontevedra) encara su 35 aniversario con 800 libros publicados

A Editorial da Deputación de Pontevedra encara o seu 35 aniversario -que cumplirá en 2021- con preto de 800 títulos publicados. Así o deu a coñecer a deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, María Ortega, quen na véspera do #DíadaEdición (17 de decembro) destaca que as premisas principais do departamento son impulsar o galego a través das publicacións, estimular a investigación e ter Galiza, e concretamente a provincia, como eixo fundamental de estudo.

No último ano a área de Editorial provincial sacou á luz oito novos títulos de diferentes coleccións centrados en temas tan variados como os xardíns históricos de Pontevedra, a Bienal de Arte do Morrazo, a tradición oral en Salceda de Calselas, a emigración a América, biografías, cómic ou poesía recollida do traballo do obradoiro de tradución poética de San Simón.
En total, a Editorial conta no seu catálogo con case 800 títulos de narrativa, poesía, arte, ensaio, natureza, investigación, arquitectura, historia, etnografía, xeografía, fotografía, etc. Un amplo catálogo no que participaron ata o de agora 463 autores e autoras e que conta con 19 coleccións de grande interese como son: A provincia en imaxes, Arte, Arte & Estética, Benito Soto, Ensaio e Investigación, Especiais, Fillos ilustres da provincia de Pontevedra, Helenes, Heráldica e Xenealoxía, Infantil, Natureza Galega, Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra, Plan de Organización de Arquivos Municipais, Poesía e narrativa, Publicacións periódicas, Reedicións e Facsímiles, Poesía Tambo, Poesía Cíes, Poesía Ínsua.

Segundo apunta a deputada María Ortega, o catálogo editorial está a disposición da cidadanía na web do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, que se está a modernizar para adaptala ós novos tempos e facela máis accesible e atractiva para a cidadanía. A través desta páxina web os cidadáns e cidadás poderán consultar o catálogo dos fondos editoriais e así mesmo, acceder ó contido das últimas revistas en liña, utilizando deste xeito as novas tecnoloxías ó servizo da universalización do acceso á información.
Así mesmo estanse a engadir descriptores a todas as publicacións para que as buscas sexan moito máis sinxelas por temas, ou localización xeográfica entre outros. “É un ambicioso proxecto para que se poida consultar e navegar a través dela con cantidade de contidos moi interesantes, unha xanela para asomarse a todo un catálogo de publicacións que está xa á vosa disposición”, afirma a nacionalista, quen agradeceu o traballo do persoal do departamento, adecuándose permanente ao cambio, fortalecendo a biblioteca tradicional e incorporando paulatinamente a biblioteca virtual.

Libros de balde para institucións e bibliotecas
A partir de 1940 a Deputación asumiu, dentro da súa función de apoio á cultura e o fomento da lectura, a produción propia de títulos. En 1986 creouse o Servizo de Publicacións que foi evolucionando ata a actual Editorial.
No campo da edición trabállase en todo o percorrido dende que o documento orixinal chega ao servizo e se inicia o proceso de Edición ata que sae cara ó seu destino final. Os títulos da Editorial, unha vez terminado o proceso de impresión, envíanse de balde a todas as institucións públicas e ós organismos que posúan un centro de lectura aberto ó público de maneira que as publicacións estean dispoñibles nas bibliotecas da provincia pontevedresa e, cando é posible segundo a tiraxe de exemplares, tamén nas de fóra da provincia, especialmente nas universitarias. Tan só unha porcentaxe mínima de exemplares se destina á venda, chegando deste xeito ás librerías e outros puntos de venda.
O decidido apoio ó mundo da investigación e o notable incremento, tanto en cantidade como en calidade, de estudos neste campo motivou a edición de publicacións periódicas, unha nova fonte de información periódica e actualizada que acolle artigos sobre diferentes temas que atinxen á provincia. Nesta serie insírense dúas revistas, publicacións seriadas compostas por artigos e traballos de investigación do campo das Ciencias sociais, Humanidades e Sociolingüística: ‘Pontevedra. Revista de estudos provinciais’ e ‘Pontenova. Revista de novos investigadores’.

Segundo explica Ortega, baixo as premisas de reivindicación e igualdade e o respecto á diversidade, a Editorial da Deputación traballa en difundir a realidade histórica, social e cultural galega, con Galiza como eixo fundamental de estudo e, máis concretamente a provincia de Pontevedra; impulsar o idioma galego; fomentar a diversificación de información, con revistas caracterizadas pola variedade de áreas de estudo, temas e autores; promover as publicacións periódicas, fontes de información rápida, debido á brevidade das exposicións, e actualizada; e estimular e difundir a investigación, tanto entre destacados investigadores e investigadoras (Pontevedra) como entre a xente máis nova (Pontenova).



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement