Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El video ”Fame de Experiencias?” -producido por Esmerarte- obtiene reconocimiento internacional

O vídeo da Deputación imponse nos “Oscar do Turismo” na escolla dos xurados do Festival de Festivais e converte a provincia no único destino do estado en lograr un primeiro premio no certame mundial, no que participaron 3500 vídeos de máis de 120 países

A organización do CIFFT comunica oficialmente a Turespaña e ao Ministerio de Turismo o premio  a “Fame de Experiencias?” que, xunto aos segundos premios de Córdoba e Madrid,  sitúa a España como o país con máis galardóns


“Fame de Experiencias?” non podía pechar mellor este ano 2020. Despois de conseguir ata 13 premios internacionais, o audiovisual da Deputación de Pontevedra, producido por Esmerarte, que representou á provincia na campaña de promoción do destino 2019, coróase como mellor película do mundo 2020 na categoría de produto turístico. Os prestixiosos “World Tourism Film Awards”, coñecidos como o Festival de Festivais, deron hoxe a coñecer nunha gala on line no Palacio Belvedere de Viena os chamados “Oscar do Turismo”, os traballos gañadores da súa 33ª edición na que participaron 3.500 vídeos de máis de 120 países. 


Na súa categoría, “Fame de Experiencias?” impúxose entre as 32 cintas finalistas de 14 países na votación dos xurados internacionais da rede mundial do CIFFT, o Comité Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo, que escolle cada ano o mellor audiovisual turístico do mundo. Tras o audiovisual da Deputación de Pontevedra, o segundo premio foi para Austria, cun audiovisual sobre os Alpes, e o terceiro para Chile. A través do vídeo da Deputación, que pon en valor o produto e as produtoras e produtores do noso territorio, a provincia consegue, ademais, ser o único destino do Estado que logra un primeiro premio. “Córdoba obtivo a segunda posición na categoría de promoción turística dunha rexión, e Madrid tamén foi segunda na de promoción turística dunha cidade”. Tras a gala de Viena, a organización do CIFFT comunicou oficialmente a Turespaña e ao Ministerio de Turismo o premio á Deputación de Pontevedra xunto aos de Córdoba e Madrid. Os tres galardóns supoñen que España, xunto a Austria e Francia, sexa o país con máis recoñecementos. A comunicación do galardón polo Comité Internacional hoxe desde Viena encheu de orgullo á Deputación e á empresa Esmerarte, xa que o audiovisual foi un dos primeiros traballos da nova liña de promoción turística da institución provincial, enmarcada no respecto ao medio ambiente, á vangarda, á sustentabilidade, ás novas tecnoloxías e á desestacionalización. 


Premios anteriores

“Fame de Experiencias?” logrou o seu primeiro recoñecemento en Fitur como mellor vídeo turístico. Desde entón, a súa traxectoria foi imparable con 13 premios internacionais. Despois de Fitur chegaron os Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV & Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film & Video de Os Ánxeles, SilaFest de Serbia, o Terres Festival, o Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, o TourFilm Festival de Zagreb en Croacia, os dous premios no Festival Art&Tur de Viseu en Portugal e o Premio de Ouro no Festival de Amorgos en Grecia.


O audiovisual da Deputación está centrado no turismo sostible ligado á terra, á natureza, ao produto autóctono, materias primas e ás produtoras e produtoras da provincia.  O vídeo visibiliza con gran sensibilidade o traballo das persoas anónimas, moitas delas mulleres, que extraen ou cultivan con grande esforzo diario os produtos de proximidade da provincia, pero conta tamén coa participación de nomes de referencia da nosa gastronomía  coma Pepe Solla, a xefa de sala de Culler de Pau, Amaranta Rodríguez, Yayo Daporta ou Rafa Centeno.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement