En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

"Descúbre-as" busca visibilizar el talento femenino en el sector musical

A música en vivo con voz de muller inundou a sede da Deputación en Vigo na gran festa organizada pola institución provincial para visibiliza...


A música en vivo con voz de muller inundou a sede da Deputación en Vigo na gran festa organizada pola institución provincial para visibilizar o talento feminino entre as alumnas de escolas musicais, e pór en valor o traballo das artistas e as profesionais do sector. O acto celebrouse con motivo do lanzamento da plataforma “Descúbre-as”, un proxecto pioneiro en todo Estado, liderado pola Deputación coa colaboración de Regalamúsica e a participación dos centros de ensino e representantes da industria, que vai dirixido a mozas de entre 16 e 25 anos e ten como finalidade que poidan desenvolver a súa carreira coas mesmas oportunidades que os seus compañeiros.

Unha gala que se prece para promover o talento musical feminino debe ter como protagonistas ás propias artistas e profesionais. Así aconteceu hoxe na sede de Vigo, con actuacións en vivo de principio a fin a cargo de Natary Feel, Coro Allegro e Paulinha, e o apoio a través de mensaxes en vídeo de destacadas representantes de distintos ámbitos do sector (promotoras, managers, artistas...). O evento tamén contou coa asistencia da presidenta da Deputacion, Carmela Silva, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de creadoras, profesionais, alumnas e profesoras de escolas da provincia, así como de medios xerais e especializados. O acto foi emitido en streaming e nas redes sociais cun gran seguimento, e cumpriu os aforos e protocolos activados fronte á Cóvid-19.


Entre as creadoras que enviaron mensaxes no vídeo de apoio á iniciativa estaban Sés e tamén Rozalén, que se dirixiu a todas as mozas que queiran dedicarse ao mundo da música para desexarlles “moita forza e moito ánimo”. “Debedes ser moi constantes e se é o que realmente vos gusta, pelexade por conseguilo. Loitade moito, traballade moito e estudiade máis. Non hai mellor lotería que poder vivir do que che gusta”, subliñou a cantautora e compositora.  


A presidenta Carmela Silva detallou todos os datos obxectivos de diferentes estudios que mostran ás claras a invisibilización das mulleres tamén na industria musical. “Por iso, dixo, nace Descubre-As, para rachar tamén na música con tanto teito de cristal e tanto chan de cemento armado”. “Hoxe o soño de empoderar e visibilizar ás mulleres que fan música convértese en realidade” asegurou. Mediante este proxecto preténdese combater “eses datos da situación da muller na música que son intolerables e non se poden consentir. Cando alguén ten coñecemento, méritos e talento debería posicionarse nos mellores lugares pero non, na música non está a acontecer porque nós non temos redes, non estamos mentorizadas, seguimos a ser invisibles e temos moitísimos estereotipos sociais que nos impiden posicionarnos, empoderarnos e chegar á metade de todo que é o que nos corresponde”. “Non podemos permitirnos como sociedade perder todo ese talento e por iso imos relacionalas coa industria musical para darlles oportunidades”, insistiu a presidenta provincial, quen tamén amosou a súa confianza en que “imos cambiar as cousas, porque cando nos unimos, cando hai sororidade entre as mulleres e logramos que os homes nos acompañen nesta fermosa loita, conseguimos cambiar o mundo”.


Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor a estreita relación da cidade coa música afirmando que “ten un talento innato: nesta cidade a música brota e esa cultura ten que ter a súa alma en mozas e mulleres, ten que ser igualitaria, porque o talento non é propiedade de ninguén, é un ben de desfrute colectivo e todo aquel ou aquela que o teña ten que ter a posibilidade de poder utilízalo”. Por este motivo Caballero felicitou á presidenta da Deputación por este proxecto para impulsar a igualdade, “un concepto básico”.


Actuacións coa esencia do proxecto


A música en vivo do evento, que comezou cunha cinematográfica conta atrás, correu a cargo de artistas da provincia, e cada unha das actuacións simboliza as vimbias do proxecto “Descúbre-as”. A cantautora Natary Feel interpretou en directo o tema “Meiga”. Natary, nome artístico de Natalia Rial, é unha moza viguesa de 24 anos cun talento que xa está a inundar as redes con pequenas pílulas musicais en formato cover. O seu traballo supón un aliciente para todas aquelas nenas e mozas que buscan a maneira de xestionar o seu talento e convertelo nun proxecto real.


Pouco despois chegou o turno do Coro Allegro, que interpretou un cover de “Shallow” de Lady Gaga. O grupo está formado por Carolina Vázquez Lemos, Amparo Mosquera Alonso, Victoria González Díez  e Ana Rodríguez-Quintana Pernas, alumnas de música da Escola Allegro (Vigo). A súa participación no acto representa a todas as nenas e mozas en fase de formación en moitas outras escolas repartidas por toda a provincia. A implicación das escolas no desenvolvemento de “Descúbre-as” é fundamental, xa que nelas, tanto nenas como nais e pais depositan a súa confianza para a súa formación artística.

Completou o abano de actuacións en vivo a cambadesa Paulinha, artista que, como ela mesmo explica, mestura no seu xenoma musical a poesía, o sentimento, a rabia e a constancia. Paulinha, nada en 1994, comezou a rasgar os seus primeiros acordes á guitarra aos 14 anos e en 2018 lanzou o seu primeiro traballo, “De-Xeneración”. Este ano vén de publicar o segundo “A Mafaldada”. A artista é un exemplo do esforzo que supón compaxinar estudos, música e traballo para levar adiante o seu proxecto persoal.

O proxecto “Descúbre-as”

As mozas que cursan unha carreira musical teñen en “Descúbre-as” unha nova canle de información, formación e contacto con artistas e representantes do sector para contribuír ao seu crecemento profesional e cumprir os seus soños. O proxecto, que se converterá nunha das accións culturais máis potentes da Deputación en 2021, busca rachar os obstáculos existentes para as mulleres no sector musical e desenvolveuse coa colaboración de profesionais, escolas de música e produtoras.

O programa, de carácter musical, didáctico e social, artéllase en distintos eixos. Dunha banda ponse en marcha a plataforma web, www.descubrelas.com, onde é posible coñecer quen integra a iniciativa e as razóns de ser da mesma, así como noticias, entrevistas e vídeos relacionados coa actualidade musical. A web recolle tamén unha sección de videotitoriais con información sobre música e un foro de debate. Amais, tamén se inclúe un directorio de contacto a modo de novo mapa creativo da industria musical. Nesta sección, concretamente, visibilízase o traballo e talento feminino que existe na provincia en canto á industria musical e tamén se pon en contacto a profesionais do sector.

Un ambicioso programa de mentoring dará apoio e contribuirá a desenvolver novas propostas musicais en colaboración con profesionais da industria, escolas e produtoras, acompañando ás mozas nos seus primeiros pasos e axudándoas a contactar e familiarizarse co sector. Para este programa de mentoring poderá formalizarse a inscrición a través da plataforma web, e ofrece ata seis sesións de asesoramento online con expertas da industria musical que axudarán ás mozas a lanzar os seus primeiros produtos, gravar a súa primeira canción e mesmo producir un vídeo-clip en formato profesional. Por outra banda, habilitarase un consultorio online no que se dará resposta ás estudantes de música sobre o programa, e completa o proxecto unha campaña de comunicación para divulgar a iniciativa, os seus contidos e o produto resultante.

Os datos que acreditan as barreiras

A música e toda a súa industria son un entorno masculinizado e así o demostran os datos. As mulleres suman o 16% das persoas artistas, o 12% na composición e o 3% na produción segundo un estudo da Universitat Pompeu Fabra. A Asociación MIM (Mujeres de la Industria Musical) constatou que o número de empresarias musicais sitúase no 16% a pesar de que o persoal feminino chega ao 38%, que un 18% das mulleres están ao fronte de salas e que soamente un 14% son directoras de empresas de música en directo ou discográficas.

Outra mostra da desigualdade evidenciase nos carteis dos festivais. No 2017, nos 20 eventos musicais máis grandes de España soamente o 15% das persoas solistas e bandas incluían mulleres. Por outra banda, segundo “Mujeres y Música” soamente o 13% das artistas son bandas e solistas femininas e un 20% das persoas finalistas aos Premios da Música son mulleres. A fenda salarial e a precariedade tamén afecta ás traballadoras da industria musical e así, segundo o estudo do Goberno británico, a remuneración entre as empregadas de Sony, Universal ou Warner tiña unha diferencia cos homes dun 35%.

A situación nas escolas

O número de alumnas nos conservatorios de música supera amplamente ao de alumnos, tanto nos estudos elementais como nos profesionais, sen embargo o peso das mulleres mingua a medida que avanzan as carreiras. Así, as mozas son o 56,5% nos estudos elementais e o 53,6% nos profesionais, pero a cifra invértese ao chegar aos estudos superiores, onde son máis homes, o 58,6%. En canto ao profesorado nos conservatorios as docentes supoñen o 43,6%, e por cada tres catedráticas hai sete catedráticos

Esta realidade, unido ao talento feminino existente na provincia de Pontevedra, moveu á Deputación a pór en marcha o proxecto “Descúbre-as” a fin de eliminar todas as barreiras que dificultan ás mozas expresar e exercer plenamente a súa vocación musical.




 

Comments

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,96,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,250,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,90,-LAS PERSONAS,95,-LOS DEPORTES,264,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,191,-PORTADA),469,-Y ADEMÁS...,267,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,99,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,81,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,73,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,299,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,16,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,60,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,509,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,86,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,180,TAUROMAQUIA,151,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: "Descúbre-as" busca visibilizar el talento femenino en el sector musical
"Descúbre-as" busca visibilizar el talento femenino en el sector musical
https://1.bp.blogspot.com/-eb6994dxEjw/X9wxeFarwYI/AAAAAAAA44Y/H6rUpNkvqPgQv4mI0Weup_8yHYMoVbTHQCLcBGAsYHQ/w640-h336/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2020-12-18%2Ba%2Blas%2B4.30.16.png
https://1.bp.blogspot.com/-eb6994dxEjw/X9wxeFarwYI/AAAAAAAA44Y/H6rUpNkvqPgQv4mI0Weup_8yHYMoVbTHQCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h336/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2020-12-18%2Ba%2Blas%2B4.30.16.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2020/12/descubre-as-busca-visibilizar-el.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2020/12/descubre-as-busca-visibilizar-el.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content