Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

DEPUTACIÓN) Mosquera y Lores se hacen la foto con el nuevo vial de Mollavao

¡Qué excelente puesta en escena!. Aprovechando que la señora Presidenta (PSOE) de la Deputación de Pontevedra debe estar de vacación, el señor vicepresidente de la Depo (Bloque) y presidente en funciones del organismo provincial  ha recibido a su gran amigo y compañero de Gobierno en el Concello de Pontevedra, el alcalde Fernández Lores. Así todo queda en casa... dirá más de alguno al ver la foto, aunque no faltará quien diga que no sabía que Mosquera es ahora el que manda en la Deputación... Pues la verdad es que manda, vaya si manda. Desde que el está en el bigobierno provincial, bien que le ha ido a su amigo Lores y al Gobierno de Pontevedra con lo que lleva apañado para fines municipales del municipio lerezano. Como a Vigo a partir del otro tándem (Silva-Caballero)... Dineros que van para las grandes ciudades y que no irán para los pueblos y municipios con menos habitantes, dirá también alguno.

Sea como fuere, lo de esta jornada de 30 de diciembre se resume perfectamente en la nota de prensa e imágenes emitidas por el Gabinete del Área Nacionalista de la Deputación de Pontevedra.


CONTA ATRÁS PARA AS OBRAS DO NOVO VIAL DE MOLLAVAO

O presidente en funcións César Mosquera e o alcalde Fernández Lores asinaron hoxe o convenio “histórico” de colaboración á espera do informe final de Costas sobre a concesión dos terreos

A institución provincial dará encaixe urbanístico ao vial e achegará 938.824 euros mentres o Concello licitará a actuación


O novo vial de Mollavao entre a carretera vella e a avenida de Marín está en fase de conta atrás. Mentres está aberta a exposición pública a concesión dos terreos de Costas, a Deputación de Pontevedra e o Concello asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que a institución provincial confírmase como responsable das tramitacións administrativas e de achegar o financiamento (938.824 euros) e o Concello como responsable de licitar as obras.

O convenio foi rubricado oficialmente polo presidente en funcións César Mosquera e polo alcalde de Pontevedra nun acto que consideraron “histórico” pola importancia da actuación. Segundo asegurou Mosquera, a vía “é sumamente trascendente porque a zona este da cidade foi históricamente maltratada en tódolos aspectos, con deterioros ambientais e urbanísticos bastante graves, polo que merece toda a nosa atención”.

O nacionalista asegurou que as obras resolverán moitísimos problemas, mellorando a conectividade limitada na zona (xa que non existe boa conexión entre a estrada e a autovía ata pasado Praceres), e tamén permitindo a mellora do primeiro treito de Rosalía de Castro, poñéndoa de dirección única de saída a Marín con beirarrúas máis amplas e calidade urbana. “Cambiará de maneira substancial toda a zona”, afirmou.

Ademais do financiamento (938.824 euros) achegado pola institución provincial, Mosquera quixo poñer en valor a importancia da colaboración da Deputación na tramitación, xa que se a nova estrada se fixera a través da modificación do PXOM pontevedrés “nin en catro anos estaríamos neste punto”. “Esta colaboración Deputación –Concello, na que cada un aporta as súas capacidades e facultades para posibilitar a consecución do obxectivo, é o máis salientable. Teño especial aprecio a esta actuación e interese en que saia adiante”, finalizou, para asegurar que tan pronto chegue oficialmente o informe de Costas, o Concello procederá á licitación das obras, que comezarán en 2021.

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, congratulouse de asinar o convenio con César Mosquera como presidente en funcións (algo que non acontecera ata o momento) e compartiu os apuntamentos do nacionalista sobre a importancia da colaboración institucional. O rexedor asegurou que o Concello capitalino está levando adiante a iniciativa na recuperación da zona de Mollavao, “onde por circunstancias históricas é preciso actuar”.

Lembrou, así, que está presentada unha emenda aos Orzamentos do Estado para solicitar fondos para a recuperación da marxe da ría. Sinalou, así mesmo, que ademais da nova estrada de Mollavao o Concello porá en marcha de maneira inmediata a reforma do primeiro treito de Rosalía de Castro cun proxecto complementario, onde ata o de agora era difícil aplicar o ‘modelo Pontevedra’ pola falta de espazo. Unha vez executadas ambas actuacións o tráfico de chegada dende Marín pasará á autovía, dixo: “Queremos un proxecto global en toda a zona”, afirmou.

Catro administracións estiveron involucradas no proxecto de Mollavao, lembrou Lores, cualificando o proxecto de “complicadísimo”, e asegurando que “todos tiveron boa intención en sácalo adiante” a pesar da súa longa tramitación.
A nova estrada de Mollavao discorrerá entre dúas glorietas, unha na avenida de Marín e outra na estrada vella. A lonxitude da vía -entre os centros das rotondas- será finalmente duns 97 metros e o seu ancho será de 15 metros, divididos nunha sección de dous carrís de catro metros, dúas beiravías dun metro, e dúas sendas de 2,5 metros.

A glorieta máis cercana á ría terá un radio exterior de 16 metros, contando o parterre interior de arredor de 13 metros de diámetro, un empedrado de metro e medio, dous carrís de 3,5 metros cada un, e de dúas beiravías de 0,50. A glorieta interior será máis pequena, únicamente chegando aos 13 metros de radio, e coa mesma disposición de carrís e beiravías.

Renovaranse todos os servizos, instalarase nova iluminación (desprazando algúns dos puntos actuais, conectando 10 novas luminarias e 8 reforzos lumínicos nos pasos de peóns), ademais de plantar vexetación nos espazos verdes das rotondas e tamén algunhas árbores de maior porte.

En canto ao calmado do tráfico, construiranse dous pasos de peóns sobreelevados (PPS) -"lombos" ou "chepas", para entendernos- na rúa Rosalía de Castro, antes e despois da glorieta de acceso; outro PPS no medio da estrada de nova construción; e outro antes da glorieta da avenida de Marín.






Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement