Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

BUEU) "Crecer co mar". Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

Anxo M. Lorenzo presenta o libro promovido pola Xunta ‘Crecer co mar’, que repasa a historia de Bueu como vila mariñeira

A publicación completa a mostra que pode verse no Museo Massó con fondos propios e recolle a nova museografía


O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do libro Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira, a publicación coa que a Xunta completa a mostra inaugurada o pasado ano no Museo Massó que repasa a historia de Bueu como vila mariñeira con fondos propios do museo. No acto participou tamén a directora do Museo Massó, Covadonga López de Prado Nistal.

“Esta publicación, que agora se plasma nun libro, pretende que a súa pegada quede para o futuro, recolle a nova museografía do Museo e as pezas e materiais que a conforman para dar unha visión creativa e histórica sobre o impacto da actividade pesqueira e a industria conserveira”, declarou.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade salientou esta nova obra como unha peza clave para entender a configuración histórica do municipio e comarca, centrándose no desenvolvemento experimentado pola vila a finais do século XIX e a principios do século XX.

A publicación, que tamén funciona como unha guía catálogo da mostra, recolle nas súas preto de 200 páxinas o papel da empresa creada pola familia Massó como unha das responsables de que Bueu ocupase no século XX un posto relevante no sector conserveiro, favorecendo o desenvolvemento da vila.
Remodelación no Museo

A mostra aínda pode verse na sede desde Museo xestionado pola Xunta, que vén de reabrir as súas portas despois dos últimos traballos de remodelación cos que se creou unha nova zona para o público onde ata o de agora se situaba o obradoiro de restauración e que se empregará para realizar charlas, obradoiros e actividades de pequeno formato. Os traballos permitiron trasladar o obradoiro de restauración ao espazo que ocupaba o antigo economato da conserveira Massó, un recinto máis amplo e con mellores condicións de luz.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement