Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Guarda. El Bloque no acepta la alcaldía que le ofrece el PP


El Bloque de A Guarda no acepta el ofrecimiento que el PP guardés le hace : quédate con la alcaldía que nosotros os apoyamos en un nuevo gobierno municipal con el PSOE fuera..

O BNG cualifica de trapallada do PP ofrecerlle a Alcaldía.
Anxo Baz, considera que 'é momento de mirar cara adiante e traballar coa sociedade para saír desta crise, e aí estamos'.


O Bloque Nacionalista Galego considera unha trapallada a proposta que brindou esta mañá o portavoz do PP, Roberto Carrero, ofrecendo a Alcaldía ao BNG, "que vén confirmar as manobras contranatura que o PP aplica na política para intentar ter relevancia e xustificar a falta de iniciativa no concello da Guarda".
“A desesperación do PP chega a límites inimaxinábeis. Só así se pode entender que hai un ano esixía ao alcalde da Guarda a retirada das competencias de goberno ao BNG e agora propoña unha Alcaldía do BNG.”

O portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz, respostaba así sobre o tema ao ser preguntado pola veciñanza: "A cuestión non é ser alcalde, senón ter un modelo de concello para A Guarda, claro e definido. Queremos un goberno forte, decidido e transformador, como o que tratamos de poñer en marcha no tempo que estivemos no goberno municipal, góstelle ou non ao PP ou ao PSOE'.

O BNG non apoiou os orzamentos do PSOE "porque van ser ineficientes e non recollen acordos plenarios para solucionar problemas concretos da veciñanza da Guarda; mais censura tamén que nos aspectos de calado e que definen un modelo de pobo, o PP estivo pegadiño ao PSOE e foi do seu brazo en temas como mobilidade e recuperación do espazo público para as persoas ou nas estratexias para diminuir a emisión de gases á atmosfera, aspectos que son fundamentais para difinir un modelo de pobo atractivo e dinamíco que impulse a economía local e lle dea calidade de vida aos seus veciños".

Anxo Baz, afirmou que 'non é momento de “inventos”, "é momento de atender ao pobo da Guarda que está a pasar por momentos moi duros, polo que toca traballar para saír desta situación con iniciativas que noutras vilas o BNG puxo en marcha con éxito".

Anxo Baz (BNG)



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement