Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"PSOE y BNG no quieren que Deputación tenga ayudas para autónomos y pymes" (Cubela)

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

Cubela: “Se a Deputación de Pontevedra non ten un plan propio de axudas a autónomos e pemes é porque PSOE e BNG non queren”

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular lamentou hoxe que PSOE e BNG perdesen a oportunidade de dar marcha atrás e apoiar un plan de investimentos provincial de 10 millóns de euros para autónomos e pemes da provincia, proposta defendida polos populares.

“Carmela Silva é a presidenta da Deputación que aínda non deu un euro para axudar a autónomos, hostelería e pemes, e permítese cargar por sistema contra a que primeiro fixo os deberes, que foi a Xunta”.

Contrapón Cubela os 84 millóns de euros anunciados polo Goberno galego ou os 10 millóns da Deputación da Coruña cos 0 euros da Deputación de Pontevedra.
Recorda que cun orzamento de 165 millóns de euros e cos remanentes, “que estiveron a punto de regalarlle a Pedro Sánchez”, a Deputación ten capacidade económica para facelo.
“É a única deputación galega que non dá axudas. Única Deputación galega que continúa sen repartir un só euro a autónomos e pemes. Soria, Cáceres, Sevilla, León, Guadalajara, Jaen, Zamora, Málaga, León, Huelva, Valladolid, Alicante… e un longo etcétera de deputacións provinciais de todo o país tamén as aprobaron. Se outras deputacións poden colaborar, por que a de Pontevedra non? Porque PSOE e BNG non queren”.

“Este goberno chega tarde, pero hoxe traémoslle a oportunidade para que dean unha solución. Non deixen orfos por máis tempo aos autónomos e pemes desta provincia”, insistiu Cubela.
“Para que non caigan na tentación de dicir que o PP quere facer deste tema unha loita política e para que vexan que é unha cuestión totalmente construtiva, trasladamos a proposta da Deputación da Coruña, que está gobernada polo PSOE”.
Di Cubela, portavoz da Oposición na Deputación de Pontevedra, que “axudar aos autónomos non pode pasar por restar capacidade aos concellos a través do Plan Concellos. Presumen de que gobernan unha deputación solvente. Que se vexa”.

Para os populares, PSOE e BNG non entenden o que é a Deputación, “ten que destinar os seus recursos ao momento económico presente. Os sectores estratéxicos da provincia son os que neste momento están chamando ás portas desta casa para pedir axudas”.

Sobre a plataforma de venta online provincial que tamén propuxo hoxe o PP, Pepa Pardo defende que as “campañas de promoción do comercio de proximidade son necesarias pero insuficientes. É fundamental poñer mecanismos para que poidan competir no mercado online, facilitar o seu posicionamento na venta por internet”.
Critica que sexa o “goberno do non é non. Da igual cal sexa a proposta, a resposta sempre vai ser non porque politizan absolutamente todo. Dá igual o contido e que sexa de relevancia”.
Di que para Mosquera esta medida é só ilegal cando se lle reclama á Deputación, pero non cando a pide Ana Pontón. E aconsella a Font que se reúna cos colectivos e asociacións empresariais fóra da entrega de premios.
“Baixen xa desa realidade paralela na que viven e baixen ao mundo real e adopten medidas directas e de apoio para os autónomos da provincia”, concluíu.


Jorge Cubela, portavoz del PP en la Deputación de Pontevedra

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement