Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

‘Ons’, de Alfonso Zarauza, terá a súa estrea mundial este xoves no Festival de Sevilla

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O SEFF acolle mañá a premiere da película que, antes da súa chegada ás salas de cinema, fará tamén parada este mes de novembro en Cineuropa, Márgenes e na Culturgal.

Coincidindo coa primeira proxección pública en Galicia do filme, Alfonso Zarauza recibirá o próximo domingo 22 o Premio Cineuropa no acto de clausura do festival.

Fotograma de 'Ons'

Mañá xoves o Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) acollerá a estrea mundial de Ons, a quinta longametraxe do cineasta Alfonso Zarauza.  A sección Historias Extraordinarias - Special Screen, na que se enmarca a proxección do filme, é unha das grandes novidades da 17ª edición do Festival de Sevilla. Nela participan catorce títulos de países como Reino Unido, Bélxica, Francia, Irlanda ou Dinamarca que destacan pola súa vontade de chegar ao gran público e por combinaren narrativas íntimas e precisas con historias humanas e personaxes que deixan pegada.

Antes da súa chegada ás salas de cinema, o filme continuará co seu percorrido por festivais como Cineuropa (o 22 de novembro, no que o director recollerá tamén un dos premios honoríficos desta edición) ou Márgenes (cunha proxección o 28 de novembro na Cineteca de Madrid). Alén disto, o próximo 27 de novembro a Culturgal tamén contará na súa programación cun evento especial no que, antes da súa proxección, integrantes do equipo presentarán o filme e se contará coa música en directo de Chicharrón. O trío de Carballo achega á banda sonora de Ons o tema “Na cela”, que adapta un poema de Antía Otero, e prevé acompañar o filme nalgunhas das presentacións previstas de cara á estrea en salas comerciais.

Zarauza presenta neste drama con toques de misterio a un matrimonio en crise (Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’) que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons. Unha vez alí, o seu destino cruza co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias.


Ons, o filme

Ons é a quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). O director presenta con este traballo un filme de madurez, intimista e cunha profunda mirada autoral, escollendo a paisaxe agreste de Ons como escenario da intemperie emocional dos seus protagonistas.

A película foi rodada por enteiro na illa de Ons no outono de 2019 e conta cun equipo artístico e técnico 100% galego liderado por Alfonso Zarauza -que ademais asina o guion canda Jaione Camborda- con talentos coma o de Alberte Branco na dirección de fotografía, Elia Robles na dirección de arte, Sérgio Silva e David Machado na dirección de son ou Xavi Font na produción executiva. A banda sonora contén temas dos grupos Chicharrón e Leilía.

Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement