"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción.
------------------------------------------------
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, visitou o Hospital Álvaro Cunqueiro, e coñeceu, de primeiro man, as medidas que se tomaron na nosa comunidade autónoma para conter a covid-19, medidas ás que deu todo o seu apoio, así como a aquelas outras tomadas en anteriores semanas, das que tamén tivo a información correspondente.
O ministro e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañados polo delegado do goberno, Javier Losada; o alcalde de Vigo; Abel Caballero; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; visitaron a área de diagnóstico do Hospital Álvaro Cunqueiro, concretamente a de cribado poboacional, na que o hospital está a facer o cribado entre traballadores sanitarios, sociosanitarios e outros sectores socioeconómicos da área. En concreto, o ministro comprobou o funcionamento do sistema de muestreo a través de mostra de saliva e outro rexistro, utilizando o pooling e a PCR final.
García Comesaña trasladoulle ao ministro detalles deste proceso, que estes días está a recibir a segunda tanda dos traballadores das residencias sociosanitarias. En concreto, trátase de 15.000 mostras que cada 15 días chegan ao hospital nun tempo moi curto de 2 días, procesando moi rápido e permitindo establecer que unha residencia está libre de covid ou, no seu defecto, detectando un traballador que ten un valor prepositivo que, posteriormente, se procesa no laboratorio e, deste xeito, poder frear unha cadea de transmisión nunha residencia.
Se, pola contra, o resultado global é positivo, separaríanse as mostras para volvelas a procesar, ou ben dividindo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual. Coa estrutura actual, este laboratorio ten capacidade para procesar 100.000 mostras mensuais.
Este sistema é unha ferramenta diagnóstica de gran eficiencia que permite vixilar e controlar a circulación do virus en áreas estratéxicas. Isto é, en vez de esperar a que aparezan traballadores con síntomas, realízase unha acción proactiva de busca e identificación daqueles asintomáticos, para controlar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, e garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante.