Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Demandan el Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na fronteira do Norte de Portugal con Galicia

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A XUNTA E O NORTE DE PORTUGAL APOSTAN POLA COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA PARA FACER FRONTE AO ESCENARIO POSTCOVID-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da CCDR-N, António Cunha, para avanzar no Plan para a Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia

No encontro tamén se abordou o Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión para o período 2021-2027, que permite a planificación coordinada dos investimentos co obxectivo de captar fondos europeos para proxectos transfronteirizos

Alfonso Rueda destacou a importancia de establecer “un marco común sobre os criterios dos proxectos presentados en conxunto” para que a Eurorrexión manteña o liderado na captación de investimentos de fondos europeos a iniciativas transfronteirizas



O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co novo presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha, para fomentar a cooperación transfronteiriza co obxectivo de afrontar a nova realidade postcovid-19 a través do traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión e de proxectos conxuntos. Ao encontro tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.

No encontro abordouse a importancia de avanzar na posta en marcha do Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia. O texto foi elaborado pola AECT da Eurorrexión en coordinación con todos os actores da cooperación transfronteiriza.

Un dos obxectivos do Plan é actuar en conxunto para conseguir que os fondos europeos para o período 2021-2027 teñan en conta de forma especial ás áreas de fronteira. Por iso, o Plan contempla proxectos presentados por Eurocidades, concellos e AECTs dotados cun investimento de case 3 millóns de euros. O Plan estudarase no próximo Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no que tamén se prevé relanzar un novo Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) para maximizar o novo marco orzamentario plurianual da UE 2021-2027 no territorio da Eurorrexión. 

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a importancia do PIC para planificar de forma conxunta os investimentos da Eurorrexión e que no próximo período financeiro apostará pola innovación, a ecoloxía, a cohesión e o desafío demográfico.

Nesta liña, destacou o traballo e a aposta pola cooperación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que grazas á súa boa xestión e a iniciativas como o PIC, conseguiu situarse como a primeira en captación de investimento no marco do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP), entre 2014 e 2020, cun total de 135 millóns de euros para a posta en marcha de 80 proxectos. En concreto, tal e como sinalou Alfonso Rueda, case o 60% do investimento a iniciativas transfronteirizas foron para as presentadas por Galicia e o Norte de Portugal.

Por iso, incidiu en que a Eurorrexión ten que seguir a manter esa posición de liderado, polo que é necesario acordar, como se fixo nesta reunión, “un marco común e sentar as bases dos criterios para os proxectos que se vaian presentar co obxectivo de captar fondos europeos”.

Alfonso Rueda apelou a continuar a cooperar no ámbito da Eurorrexión con iniciativas en conxunto que beneficien aos cidadáns de ambos lados da fronteira. Así, confía en que as “boas relacións” e estes anos de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal permitan “seguir conseguindo fondos”, en especial neste ano marcado polo peche da fronteira durante o estado de alarma pola covid-19.

Na reunión de hoxe abordáronse ademais as propostas consensuadas entre a Xunta e o Norte de Portugal que se avaliaron no Cumio Ibérico celebrado o pasado outubro entre os gobernos de España e Portugal. Nesta liña, ambas institucións seguen a reclamar un impulso do Camiño Portugués a Santiago de Compostela para dar un novo pulo ao Xacobeo 2021, a finalización do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto e a construción da saída sur de Vigo para prolongar esta liña, así como a conexión internacional por autovía entre Galicia e o noreste portugués.



 


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement