Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Carmela Silva pide el cierre de los prostíbulos y clubs de alterne aprovechando la Covid

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de remitir unha carta á secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, apelando á súa sensibilidade e ás súas declaracións a favor do abolicionismo para que os prostíbulos e clubs de alterne se inclúan na listaxe de establecementos a pechar no marco da Orde de Restricións da Xunta de Galicia para facer fronte á covid-19. “É intolerable”, asegurou Silva, que se “tomen decisións moi restritivas para sectores fundamentais da nosa economía” mentres os clubs de alterne e prostíbulos permanecen abertos”.

Na carta, a presidenta da Deputación, amais de recordar que estes locais “son un foco de contaxio” con casos xa rexistrados nalgunha localidade da provincia de Pontevedra, chama a “actuar” con “rotundidade” porque “non podemos esquecer que estas mulleres son escravas, vulnerables e debemos protexelas”. Amais, neste contexto, a presidenta provincial aproveitou a ocasión para pedir que se poñan en marcha axudas económicas para paliar a situación de vulnerabilidade das mulleres afectadas, e amosou o seu desexo de que este paso sexa “o inicio do peche permanente destes locais, verdadeira lacra para unha sociedade xusta e igualitaria”.

Carmela Silva amosou a súa confianza en López Abellá para que a petición “non caia en saco roto” e expresou a súa total disposición para colaborar “nesta xusta demanda”. Neste eido, a presidenta recordou que, “por riba de cores políticas”, xa durante a última xornada de comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres da Universidade de Vigo, fixo un “recoñecemento público” á secretaria de Igualdade da Xunta pola súa posición “rotunda” a favor da abolición da prostitución. “Esta posición abolicionista, que recoñecemos, ten que ir acompañada de actuacións. Esperemos que así sexa”.





No hay comentarios

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Prensa española :

Portadas de Prensa española están al final