Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

“A illa das mentiras”, de Paula Cons, vuelve a festival de cine chino

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

China aposta de novo pola película “A illa das mentiras”, de Paula Cons

                                                                              
 
A película competirá na Sección Oficial do Festival paralelo aos Golden Rooster Awards, os Óscar Chineses
 

Comprácenos anunciar que a ópera prima A Ila das Mentiras, de Paula Cons, foi seleccionada para participar en competición na 33 edición do festival chino Golden Rooster Awards, dentro da Sección Cine Extranxeiro, que se celebrará entre o 25 e o 28 de novembro na cidade de Xiamen, ao leste do país.
 
Este festival ten a particularidade de que en paralelo entréganse os prestixiosos premios do cine chino que levan o mesmo nome e que son popularmente coñecidos como os Óscar chineses ou premios dos expertos, porque son decididos por críticos de cine, cineastas e académicos.
A diferenza dos demias festivais chinos que se celebraron este ano, os Golden Rooster Awards recuperan a alfombra vermella e a cerimonia de entrega de premios.
 
Precisamente A illa das mentiras tivo a súa premier mundial noutro festival celebrado en China, como é o Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF).
Continuando coa lista de festivais, recentemente participou no Spanish Film Festival, de Ámsterdam. Tamén se puido ver no Festival de San Sebastián (SSIFF) dentro da sección "Made in Spain". Asimesmo foi seleccionada para participar na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), onde a súa directora, Paula Cons, recibiu o premio Xacobeo á mellor produción galega do festival. Por último, tamén inaugurou o Festival de Cans, en Galicia.
Nos vindeiros días poderase ver no Festival Internacional de Cine de Almería, FICAL.
 
Actualmente a Illa das Mentiras encara a súa septima semana en cines en Galicia, en ocasións colgando o cártel de entradas esgotadas.
 
Lembramos que A illa das mentiras xa fixo a súa estrea en Filmin o pasado 24 de xullo en Filmin e foi o título máis visto na plataforma na súa primeira fin de semana de estrea e un dos tres máis vistos no mes de agosto. Actualmente leva máis de 40.000 espectadores.

A illa das Mentiras está dirixida por  Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro e Ana Oca. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da Illa de Sálvora (Pontevedra) en 1921.
 
Sinopse:
Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado. 
Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.
 
A Illa das Mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués e o Programa Ibermedia. Filmax ocúpase da súa distribución.

A illa das mentiras pódese ver actualmente en Filmin e en salas de Galicia.
  

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement