Iberian Festival Awards otorga a Jordi Lauren el "Premio a la Excelencia"
BUEU.- Os Iberian Festival Awards destacan o incansable labor do bueuense Jordi Lauren, co-director do SonRías Baixas, concedéndolle o seu Premio á Excelencia como personaxe máis relevante da industria dos festivais en España e Portugal, polo seu papel, visión e enerxía como impulsor do sector da música en directo dunha maneira dinámica, creativa e positiva. O Festival SonRías Baixas, cuxa edición Micro demostrou o pasado mes de agosto que a cultura é segura, tamén en época de pandemia, era finalista en dúas categorías pola súa edición de 2019: mellor festival de mediano formato e mellor comunicación e mercadotecnia.
Lauren agradeceu o galardón cunha intervención
virtual na gala de entrega da quinta edición dos Iberian Festivals
Awards, que estaba previsto celebrar inicialmente o 14 de marzo en
Lisboa e que finalmente tivo lugar onte sábado, 17 de outubro,
en formato online, nun estudo sen público coa única participación dos
presentadores, o persoal de produción e as bandas que actuaron en vivo. O
xestor cultural galego quixo compartir o recoñecemento co equipo do
festival e da produtora Play Plan, así como
co resto do sector "nun ano moi complicado" e aproveitou a ocasión para
animar ás institucións a confiar na profesionalidade e
no bo facer da industria musical.
O Premio á Excelencia dos Iberian Festival Awards, que este 2020 recolle Jordi Lauren, destacou previamente o labor de Luís Ferreira (Bons Sons), Roberto Medina (Rock in Rio), Javier Ajenjo (Sonorama Ribeira) e Miguel Cadete (Blitz).
![]() |
Jordi Lauren |
Publicar un comentario