Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia. Habrá teléfono de asesoramiento para quienes vean su vivienda asaltada por okupas

A XUNTA HABILITARÁ UN TELÉFONO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO LEGAL PARA AFECTADOS POR CASOS DE OCUPACIÓN DE VIVENDAS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ultima un acordo de colaboración co Consello da Avogacía Galega para facilitar un número de atención gratuíta a disposición dos propietarios que sexan vítimas deste fenómeno.


Durante unha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia, Ángeles Vázquez anunciou tamén que encargará a elaboración dun mapa de vivendas ocupadas na comunidade aos Axentes da Propiedade Inmobiliaria e Administradores de Fincas.


A conselleira esixe ao Estado unha solución rápida, duradeira e eficaz, xa que é a Administración competente para impulsar as reformas lexislativas necesarias.


A Xunta de Galicia habilitará un teléfono de atención ao cidadán para facilitar información e asesoramento legal aos propietarios que se vexan afectados pola ocupación das súas vivendas. Así a anunciou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o seu departamento xa contactou co Consello da Avogacía Galega co fin de establecer un protocolo de colaboración que garanta aos cidadáns unha atención personalizada e con todas as garantías en casos deste tipo.


Antes de participar nunha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia, un organismo dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para favorecer o intercambio de información e propostas neste eido, Vázquez Mejuto asegurou que a Xunta está moi preocupada polo fenómeno da ocupación ilegal e como se ten agudizado na Comunidade galega neste comezo de ano. 


Por iso, a responsable autonómica insistiu na necesidade de buscar “unha solución rápida, eficaz e duradeira” para o problema, garantindo unha “maior seguridade xurídica” para os propietarios e acabando “con esa sensación de impunidade” que teñen as persoas que usurpan unha vivenda allea.


Neste sentido, indicou que a Xunta, e concretamente o seu departamento, leva meses reclamando do Estado unha intervención decidida ao respecto, tendo en conta que é o Goberno central a administración competente para poder impulsar as reformas e novidades lexislativas necesarias para endurecer as penas e axilizar os procedementos de desaloxo. 


De feito, lembrou que a mediados de setembro dirixiuse por carta ao delegado do Goberno en Galicia para pedirlle unha reunión na que abordar conxuntamente o problema das ocupacións ilegais, un encontro xa confirmado pola súa parte pero pendente aínda de data.


En todo caso, e tras insistir en que as competencias autonómicas nesta materia “son moi limitadas”, a conselleira avanzou que a Xunta traballa na actualidade co fin de impulsar dúas medidas que poderían contribuír e resultar de utilidade de cara á resolución do problema.


Así, ademais da posta en marcha dun teléfono de información xurídica ao cidadán, Vázquez Mejuto anunciou que hoxe tamén propoñerá ante o Observatorio a realización dun Mapa de vivendas ocupadas en Galicia, un traballo que será elaborado en colaboración cos Axentes da Propiedade inmobiliaria e Administradores de Fincas xa que, asegurou, eles teñen “datos reais e de primeira man” sobre estes supostos.


O obxectivo do futuro mapa será obter datos reais sobre o problema da ocupación na Comunidade galega, para o cal tamén se completará a información achegada polos axentes e administradores –un colectivo profesional que, precisamente, se incorporaba hoxe ao pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia como novo membro- con datos procedentes do Ministerio do Interior e proporcionados pola Delegación do Goberno.






Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement