Con sumo agrado pasamos a reproducir una nota de prensa que desde Pontevedra nos envía un colectivo, "Mulleres Diversas", texto en el que reivindican una serie de cuestiones de especial interés.
“Mulleres Diversas” tecendo redes de sororidade. ¿Apúntaste?"As mulleres con discapacidade teñen unha maior taxa de desemprego, maior dependencia económica, son illadas socialmente e practicamente invisibilizadas. Así se reflexa no Manifesto Europeo da Muller con discapacidade (1997) “ser muller con discapacidade implica unha situación de dobre discriminación”.
É por isto que desde hai anos, a Asociación Amizade ven detectando a necesidade de adicar esforzos ao empoderamento das mulleres con discapacidade para poder acadar avances reais na inclusión e igualdade social.
Neste senso no ano 2018, socias de Amizade impulsan a posta en marcha dun grupo informal que tempo despois autodefiniuse como “Mulleres Diversas”. Un grupo aberto a todas as persoas queiran participar sexan socias ou non da entidade.
O grupo reuníase con carácter regular dous días ao mes no Centro Cultural de Monte Porreiro para así compartir experiencias e organizar accións e actividades encamiñadas a concienciar e visibilizar sobre as necesidades específicas coas que se atopaban.
Así, as actividades e accións diversas levadas a cabo ata agora foron: unha charla sobre o empoderamento das mulleres a través do deporte, un tuppersex, unha sesión fotográfica, unha acción guerrilla aos locais de ocio nocturno inaccesibles da cidade, participación activa nas manifestacións do 8 de Marzo e 25 de Novembro e continuas reclamacións ao Sergas pola inaccesibilidade dos sillóns xinecolóxicos e a violencia obstétrica á que se ven sometidas.
Actualmente e debido á situación derivada da crise sanitaria, fíxose máis evidente para o grupo a necesidade de crear redes, de interconectarse con outras mulleres con e sen discapacidade, coa sociedade. Polo que dende Amizade se convida a todas as persoas interesadas a participar nas nosas reunións (a partir de Outubro vía online), a tecer rede e contribuír ao cambio.
Envía o teu interese ao mail mulleresdiversas@asociacionamizade.org ou ao móvil 687 96 94 78 ".