Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación de Pontevedra reparte más de un millón a concellos y entidades

PONTEVEDRA.- O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos para os concellos e entidades sociais da provincia que ascenden a máis dun millón de euros. En concreto, preto de 616.000 euros irán dirixidos ao concellos da Cañiza, Ponteareas, Salvaterra e Baiona, no marco do Plan Concellos 2020, e máis de 409.000€ a 80 entidades de 16 municipios da provincia para programas sociais dirixidos á poboación de maior vulnerabilidade

En canto aos investimentos do Plan Concellos, A Cañiza recibirá 126.880 euros para a financiación da “Substitución do material da cuberta do pavillón de Touzosas-Valeixe” que presenta na actualidade unha cuberta deteriorada que provoca filtracións de auga e humidades sobre a fachada. Coa achega do Plan Concellos, o goberno local poderá financiar unha nova cuberta de panel sándwich, mellorará a impermeabilización e illamento do espazo, revestirá o interior baixo cuberta, instalará novas baixantes e redes de canalización e pintará vigas e pilares.

No que respecta a Ponteareas, a Deputación aprobou destinar preto de 70.000€ para o financiamento da “Mellora de accesos no lugar de O Toucedo-Paredes”. Deste xeito a actuación converterá en accesibles os camiños municipais destes núcleos da vila, renovando ademais a súa capa de rodadura e o pavimento.

Pola súa banda Salvaterra de Miño recibirá 72.319,92 euros da Deputación para o “Saneamento en Ermitas, Couto e Toucedo”, dotando, así, deste servizo ás vivendas que actualmente non o posuían. Tamén no marco do Plan Concellos, pero da liña 3 de emprego, a vila recibirá 165.796 euros para contratar a 15 persoas traballadoras.

No caso de Baiona, as achegas aprobadas polo goberno provincial enmárcanse na liña 3 de emprego do Plan Concellos 2020 e ascenden a 189.883 euros para que a vila poida financiar a contratación de 19 persoas traballadoras.

Subvencións para entidades con programas sociais

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tamén hoxe destinar 409.921 euros a un total de 78 entidades de 16 concellos da provincia para actuacións e proxectos de atención especializada a persoas de especial vulnerabilidade e que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas ou socioeconómicas, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

As entidades que se van beneficiar desta liña de subvencións da Deputación pertencen aos concellos de Cangas, a Guarda, Lalín, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Inclúense entre as iniciativas subvencionadas proxectos de promoción da autonomía persoal en persoas con enfermidades mentais, servizo de información e orientación para persoas con parálise cerebral, fomento do emprego, prevención e apoio en hábitos saudables en persoas con TEA, atención integral ao neno/a con patoloxía oncohematolóxica, clases de educación musical e expresión plástica, ou reparto de alimentos.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement