Denunciamos os verquidos ilegais atopados na contorna de Lourizán
Eu, Iván Pérez Berjano, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán en calidade de presidente, e en representación da canle de divulgación ambiental Savia Nova, me gustaría denunciar públicamente o problema que está a suceder na nosa parroquia en particular e en moitos outros lugares en xeral.
Os feitos que describirei a continuación serán denunciados ante todas as autoridades competentes na materia, pero a pesar disto tamén queremos facelo público.
Trátase dunha serie de verquidos ilegais e reiterados, en diferentes puntos da nosa contorna.
Nestes verquidos, pódense atopar restos de obras, de xardinería, de aparatos eléctricos, mobiliario, e incluso restos de vehículos.
Non entendemos cómo se sigue producindo este feito tendo un sistema de recollida de voluminosos gratuito e que case chega á porta das nosas casas.
Outra cousa que tampouco acabamos de comprender, é como pode ser que estes verquidos leven anos sen ser retirados cando a súa limpeza foi reclamada en numerosas ocasións.
Tamén queremos informar de que no caso de non ser identificado o infractor o responsable da retirada do verquido será o propietario da parcela, algo que a maioría da poboación descoñece.
Dende hoxe ata que sexan retirados poñemos o contador en marcha para ver como actúan as autoridades na materia.
Pediríavos, dentro da vosa capacidade de mediatizar, que nos axudedes a darlle a relevancia que merece este problema.
Non só estamos falando dunha cuestión de carácter ecolóxico, senon que como se pode ver no vídeo, nos atopamos fronte a un caso que afecta a saúde pública, debido as posibles filtracións de contaminantes a unha toma de auga para o seu consumo.
A continuación adxuntamos o enlace dun traballo audiovisual que mostra todos os feitos anteriormente mencionamos.
Moitas grazas xa de antemán e un cordial saúdo.
Atentamente, Iván Pérez.
![]() |
Iván Pérez |