Ad Code

Ad Code

Obras de reparaciones de humedades en el Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra continúa o seu programa de actuacións para seguir poñendo en valor do Castelo de Soutomaior e inicia as obras de conservación na cuberta e na fachada deste monumento medieval, destinadas a evitar as filtracións de auga que se estaban a producir nos encontros da fachada cos petos e as ameas . Trátase dun proxecto que ten un orzamento de 86.000 euros e o prazo de execución destes traballos estímase en tres meses. As obras ten sido especificamente deseñadas para no interferir nas visitas guiadas ao Castelos que entre os meses de xuño e agosto sumaron máis de 9.000 persoas.

As obras desenvolveranse na cuberta inclinada e nas cubertas planas transitables do castelo (en concreto as que se sitúan por riba da Galería das Damas e as latrinas), así como no muro da fachada suroeste e nas ameas e petos perimetrais, destinadas a solucionar os problemas existentes pola presencia de humidades e entrada de auga, evitando así a futura aparición doutras patoloxías. No caso da cuberta inclinada, as actuacións inclúen a execución de novos caleiros de zinc, a reparación das gárgolas, a recolocación de tellas e o cambio das fiestras tipo “velux”, así como a substitución do lucernario de policarbonato por un de vidro, incluíndo nova carpintería de suxeición e soporte. Nas cubertas transitables, acometerase a limpeza e o toma de xuntas nas lousas do chan e a execución dunha nova quenlla, entre outros traballos. No muro, realizaranse traballos de limpeza e tratamento puntual de xuntas, e darase solución ás filtracións ao interior das salas que dan á fachada suroeste. 


En todo o proxecto, a Deputación actúa baixo a premisa da mínima intervención, o uso das técnicas e materiais compatibles e non agresivas que pretenden a mellora das prestacións do edificio. Deste xeito, os traballos executaranse respectando en todo o momento as características esenciais e aspectos construtivos da reforma do castelo realizada no ano 1986, nunha intervención caracterizada polo uso de técnicas e materiais tradicionais, con respecto en todo momento ás características esenciais deste BIC.


O Castelo de Soutomaior ten sido obxecto dunha mellora integral destinada á súa posta en valor, cun investimento que acada os 2 millóns de euros desde o 2015. A actuación máis ambiciosa foi a musealización, cun orzamento de máis de 700.000 euros, á que hai que unir os distintos traballos de conservación que se veñen facendo nas instalacións, debido a súas características e antigüidade. A esta cifra hai que sumar os recursos que a institución provincial vén destinando á promoción do castelo e ás actividades que nel se desenvolven.