Núñez Sabarís -investigador da Universidade do Minho-, premio "Ramón Piñeiro" por “Cartografias da Narrativa Galega Contemporánea”.

A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en Santiago de Compostela. O ensaio premiado nesta edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e ha de ser publicado por Editorial Galaxia.

O xurado valorou moi especialmente o achegamento ao discurso literario galego desde unha perspectiva aberta ao transmedia e a cultura de grande difusión. A obra revela dunha maneira anovadora e lúcida cambios repertoriais na produción galega a través do estudo do thriller xacobeo, a novela viguesa e o auxe da narcofición.

O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado por Dona África López Souto, Don Luís Alonso Girgado, Dona María López Sández, Dona Anna Rodríguez Figueiredo e Don Carlos Lema, como secretario con voz e voto, salientou a calidade dos orixinais presentados, así como a variedade de temas tratados neles.

Xaquin Núñez Sabarís nasceu em Zacande, Pontevedra, em 1973 e vive em Braga. Doutorado em Filologia Hispânica, é professor associado com agregação e diretor do Departamento de Estudos Românicos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da UMinho. Investiga nos grupos Identidade(s) e Intermedialidade(s) do CEHUM e Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, que venceu recentemente o Prémio Humanidades Digitales Hispánicas, tendo Núñez Sabarís ganho em 2004 o prémio individual Valle-Inclán de Investigação.

“Cartografias da Narrativa Galega Contemporánea” , livro de 168 páginas está estruturado em quatro capítulos – o primeiro sobre a teoria e os seguintes sobre os casos de Compostela, Vigo e Rias Baixas – e revela de forma inovadora as mudanças de repertório na produção galega atual. “A transformação cultural deve-se à tensão entre a identidade galega e a globalização, numa fase em que a revolução digital permite uma projeção mundial”, explica o premiado.

Profesor Núñez Sabarís