Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

“La isla de las mentiras”, de Paula Cons : gran estrea en cines galegos a partir do 2 de outubro

O vindeiro 2 de outubro estrease en cines de Galicia La isla de las mentiras, ópera prima de Paula Cons.
A película poderase ver en salas de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, Carballo, Marín, Caldas de Reis, O Barco de Valdeorras, Leiro, A Estrada e Cee.

Algunhas das proxeccións contarán coa presenza da directora, Paula Cons, quen participará en coloquios co público. Estas son algunhas das sesións con coloquio que podemos anunciar arestora:
Lugo- Cine Códex. 2 de otubro. Sesión 18h
Ferrol-Dúplex Cinema. 2 de outubro. Sesión 19.30h
Santiago de Compostela- Numax: 3 de o
utubro. Sesión: 17.40h
 
La isla de las mentiras está dirixida por  Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña) en 1921.

Sinopse:
Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado. Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.


La isla de las mentiras puidose ver recentemente nos seguintes festivales:
-Festival de San Sebastián (SSIFF) "Made in Spain"
- Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF)
-Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)
-Festival de Cans

La isla de las mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués, Programa Ibermedia, Concello de Ribeira e Deputación da Coruña. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional.

La isla de las mentiras pode verse en Filmin dende o pasado 24 de xullo e en cines de Galicia a partires do 2 de outubro .


Milo Taboada y Nerea Barros en La isla de las mentiras



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement