O portavoz de medio ambiente do BNG no Parlamento Galego, Luis Bará leva mañá a debate na comisión segunda unha proposición non de lei sobre a tramitación do proxecto de explotación mineira Alberta 1 (1ª fracción) na que solicita que o proxecto se someta ao trámite de avaliación de impacto ambiental previsto na lei 21/2013 de avaliación ambiental. Esta norma sinala que deben someterse a este trámite os proxectos mineiros que poidan producir augas ácidas, que exploten minerais radioactivos e que se sitúen a menos de 1 km de núcelos urbanos. Todas estas características concorren no proxecto mineiro Alberta I, asegura o BNG.
Entre os riscos sinalan os do BNG "a contaminación de acuíferos con augas ácidas, a creación de depósitos de entullos e a destrución de hábitas de interese xa que a a explotación mineira atópase nas proximidades da Serra do Cando, declarada Rede Natura 2000. Nesta zona están as nacentes de regatos que son afluentes do Lérez e o do Oitavén".