Traineras. La ría de Pontevedra acoge este sábado la "XXV Bandeira Concello de Bueu"

A saída terá lugar ás 18.00 h dende o peirao da vila de Bueu e participarán os dez clubs da Liga Galega de Traiñeiras A

O peirao de Bueu dará a saída este sábado, a partir das 18 horas, á XXV Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras, organizada polo Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu- Teccarsa. A competición, que contará con todas as medidas e protocolos anticovid-19, desenvolverase nun campo clásico, de 4 longos e 3 viradas por babor, completándose un percorrido regulamentado de 5556 metros, con saída dende o porto ata as praias de Agrelo – Portomaior.

Este xoves tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello a presentación do evento da man de Félix Juncal, alcalde da vila, Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Javier Pazos e Rosario Freire, ambos da directiva do Club organizador.

A regata contará coa presencia dos dez clubs pertencentes á Liga Galega de Traiñeiras A, concretamente, CR Muros, CR Rianxo, CDM Mera, CR Mecos, CR Vilaxoán, A.D. Esteirana Remo, CM Bueu – Teccarsa, SD Samertolameu – Oversea , SD Tirán – Pereira e CR Cabo. A entrega de bandeira conmemorativa á embarcación gañadora farase no mar, e os premios serán os estipulados na Liga Galega de Traiñeiras A, cun total de 7.830 € a repartir entre os clubs.