Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Rías Baixas : buen estado general de las viñas ante el inicio de vendimia previsto para 7 de septiembre

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que destaca o bo estado xeral das viñas antes da inminente vendima, que se prevé, segundo informacións achegadas ao centro, a partir do 7 de setembro. Neste senso, tras este aviso Areeiro finaliza os percorridos polas viñas e a emisión semanal da información fitosanitaria por esta campaña, aínda que seguirá ofrecendo información ás persoas viticultoras en todos os momentos en que sexa necesario.


Aínda que o aviso subliña o bo estado das viñas, Areeiro refírese nel a algunhas enfermidades como o mildio. e sinala que nesta última semana se atoparon en todas as viñas máis gromos con mildio con frutificación nas follas terminais, e tamén áreas con avance nas manchas vellas de moitas delas. Porén, en ningunha delas apareceron síntomas da enfermidade nos pampos, nin sequera nas plantas que levan sen tratar desde xuño ou nas testemuñas sen tratamentos en toda a campaña, e só se atopou un rebusco coa frutificación característica. Neste senso, o persoal especialista da Estación apunta que as manchas seguirán manifestándose ata a vendima, pero xa sen incidencia sobre a maduración, e despois de recollida a uva continuará o avance da enfermidade se hai condicións climatolóxicas favorables. Deste xeito, despois da vendima se fará un novo percorrido polos predios para comprobar a situación antes da caída da folla e así determinar si será necesario un tratamento cúprico para garantir o bo agostado da madeira.


No que atinxe ao oídio, Areeiro sinala que o incremento, tanto no número de follas como no de rebuscos afectados polo patóxeno fronte ao observado a semana anterior foi mínimo nas viñas visitadas. Na revisión post vendima comprobarase o avance da enfermidade e a potencial conveniencia de aplicar un tratamento para reducir o nivel de inóculo para a seguinte campaña. 


Doutra banda, a humidade derivada das recentes choivas condicionou así mesmo a aparición dalgúns acios afectados da botrite e outras podres da uva en diferentes predios, pero cunha incidencia moi baixa en xeral, ata o punto de que mesmo nas plantas de variedades tan sensibles coma Treixadura ou Loureira dalgunhas parcelas apenas había un gran afectado. Estas observacións demostran que o estado previo das uvas é determinante, pola presenza ou non de feridas, na aparición do fungo, e nas viñas visitadas foi moi bo este ano.


Respecto ás avelaíñas do acio, non se observaron novos síntomas das eirugas nin tampouco se recolleron adultos nas trampas, aínda que nunha viña do Rosal e noutra do Salnés notouse un incremento no número de ovos, algúns deles nos rebuscos. E, doutra banda, no que se refire aos cicadelidos, o número de adultos de Empoasca vitis e Zygina rhamni recollido nas trampas das parcelas de seguimento ao longo da campaña foi moi reducido, mentres que de Scaphoideus  titanus, non se volveron capturar exemplares. Porén, se manterán as trampas amarelas máis tempo, xa que se ten capturado esta especie despois incluso da vendima. 


Foron os ácaros da erinose, segundo Areeiro, os que máis frecuentemente se atoparon nas viñas, e só moi puntualmente apareceron síntomas confirmados de acariose. 


Doutra banda, o aviso fitosanitario refírese tamén ao buxo. Nas revisións das sebes desta semana, observáronse certas diferenzas entre as máis expostas ao sol das comarcas do sur e o resto no que atinxe á afección da Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo). Así, mentres os primeiros estaban devastados pola alimentación das eirugas e xa se atopou ningunha, no resto dominaban eirugas desde o estado L3. Neste senso, Areeiro recomenda continuar as revisións, polo menos mentres haxa síntomas nos gromos máis novos, co fin de tratar en caso necesario. 


Imaxe : Estación Fitopatolóxica do Areeiro


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement