Ad Code

Ad Code

La Xunta apela a Comité de Empresa y propiedad de Alcoa para que actúen con responsabilidad en estas 6 semanas

 La Xunta hizo público este mediodía su posicionamiento ante la entente habida entre el Comité de Empresa y la propiedad de Alcoa, en la esperanza de que todo desemboque dentro de 6 semanas en una solución adecuada al enconado conflicto actual.

A Xunta de Galicia agradece a todas as partes que se sumen á proposta realizada o pasado martes polos gobernos estatal e galego para ampliar o período de consultas do ERE ata o 28 de setembro e, deste xeito, contar con seis semanas máis de prazo para que Alcoa e o grupo Liberty House pechen a operación de compra-venda en San Cibrao.
Hoxe, especialmente, este agradecemento é para a comisión negociadora, que entendeu que o camiño para alcanzar unha solución que evite os despedimentos e permita continuar activas as cubas é manterse dentro da senda do diálogo.
Sabendo que son máis as cousas que nos unen que as que nos poden separar, hoxe ábrese unha nova oportunidade. Seis semanas para dar unha solución a un milleiro de familias, entre traballadores da planta de aluminio e das auxiliares.
Agora ben, desde a Xunta apelamos a que todas as partes actúen con responsabilidade. Desde o Goberno galego mantemos o noso compromiso de seguir defendendo un sector estratéxico da nosa economía, de seguir defendendo a única fábrica de aluminio primario activa nestes momentos en España e de colaborar no desenvolvemento dun plan industrial que garanta a viabilidade a futuro da actividade e dos empregos.
Debemos aproveitar esta inercia positiva para buscar puntos de encontro, agardando que o Goberno fixe un marco enerxético estable que favoreza non só un futuro para a comarca da Mariña, senón tamén para toda a industria electrointensiva galega.
É agora ou nunca: seis semanas para traballar desde o primeiro día na procura dunha solución viable e con futuro. Galicia e a comarca da Mariña merécense esta oportunidade.