Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ciclo de concertos "Mercados no Camiño" se desenvolve até o vindeiro sábado 29

La Xunta sigue mostrando su apoyo a iniciativas culturales, recitales y adaptaciones de conciertos a la realidad actual que condiciona el Covid-19.


O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe ao ciclo de concertos Mercados no Camiño, que se desenvolve hoxe e o vindeiro sábado 29 en mercados emblemáticos da zona. O director xeral estivo presente no concerto de Diego Caride & DJ Chimo que se celebrou no mercado do Progreso. 


Este ciclo está financiado a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, unha das principais medidas que contempla o Goberno Autonómico no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte a crise sanitaria. 


Co apoio a este ciclo de concertos, o Goberno autonómico está a axudar por un lado a preservar a actividade e o emprego de grupos musicais e empresas do sector cultural  que, debido á crise sanitaria da Covid19, viron minoradas as súas actuacións e por outro lado busca potenciar os mercados tradicionais destacando os seus produtos e fortalezas, así como a súa vinculación ao itinerario do Camiño de Santiago que pasa por cada un deles.


Hoxe tamén actuaron no mercado das Travesas os Hermanos Cunha. O vindeiro sábado ás 12,00 h. será a quenda do Grupo Insieme Al son cubano no mercado de Teis e o do grupo folk Caldo no mercado do Calvario.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement