"O Nadal xerou de novembro a xaneiro case 4 millóns de estancias na cidade", afirma o Concello

Abel Caballero avanzou os resultados do “Estudo de Nadal” feito polo Concello de Vigo sobre a afluencia de visitantes ás festas do pasado ano. Segundo indicou, os datos de localizacións facilitados polas antenas de telefonía gracias ao proxecto de EDUSI para a Smart City apuntan a que houbo máis de 3,8 millóns de estancias no centro de Vigo entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos resultados do “Estudo de Nadal 2019-20” no que se recolle a afluencia de visitantes á cidade grazas aos datos que aportan as antenas de telefonía de Movistar dentro do acordo de EDUSI para mobilidade na Smart City.

Segundo avanzou o rexedor, entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020 a zona centro de Vigo rexistrou un total de 3,8 millóns de estancias. “Isto é unha revolución nunca vista en mobilización turística en ningún lugar do mundo en tan curto espazo de tempo, porque o programa de Nadal de Vigo comezou hai tres anos”, sinalou.

“É un récord sen precedentes”, engadiu Caballero antes de aclarar que os datos recollidos discriminan a menores de idade, que non se computan. Ademais, o alcalde sinalou que a cidade espera ter boas cifras de turismo en verán e xa se están rexistrando datos de grande atracción nos hoteis grazas ás praias 100% seguras.
O rexedor tamén indicou que chegaron peticións de información desde múltiples municipios para coñecer o funcionamento da separación social nos areais e hai un “cumprimento total” por parte dos cidadás ás normas.

Imagen : Turismo de Vigo