Más de 16,6 millones costará la construcción de la grada de Marcador en el estadio de Balaídos

Es algo contradictorio : dice que se harán las obras en 18 meses, pero que el dinero para pagar eso, se aplicará en tres años, 2020, 2021, 2022... 
Quien lo entienda, que lo aclare, pero... parece que se va a hacer la obra y los que la hagan están contentos de cobrar parte de ella bastante tiempo después de hecha. Salvo que se hable de 18 meses para hacer esa grada de "Marcador" en Balaídos y luego se acabe tardando en hacerla bastante más... Como ya sucedió en los trabajos anteriores en el estadio vigués, el tiempo nos irá diciendo la verdad del asunto. Por tanto, tiempo al tiempo...
Vayamos ahora con la información emitida por el Concello vigués y su regidor Abel Caballero.

O Concello de Vigo aproba a contratación da obra da grada de Marcador por 16,6 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este xoves o expediente de contratación por procedemento aberto da obra no Estadio Municipal de Balaídos que financiarán ao 50% o goberno de Vigo e a Deputación de Pontevedra. A previsión é poder licitala no mes de novembro e o prazo de execución da obra é de 18 meses.

O alcalde deu conta en rolda de prensa da apertura do procedemento de licitación para a selección do contratista que acometa a obra, cun orzamento base de 16.650.000 euros. O financiamento ao 50% do Concello e da Deputación de Pontevedra distribúese en tres anualidades: en 2020: 5.880.000 euros, en 2021: 7.225.000 euros e en 2022: 3.545.000 euros. O prazo de execución da obra é de 18 meses e a previsión municipal é poder adxudicala no mes de novembro, salvo imponderables ou recursos.

Abel Caballero detallou que a nova grada de Marcador contará con 6.418 butacas: 2.791 en marcador alto e 3.977 en marcador baixo. En canto á iluminación, demoleranse as torres exteriores actuais redistribuíndose os 60 focos existentes nas zonas novas dispoñibles.
No relativo ás actuacións que se realizarán, derrubarase a cuberta da grada para construír a nova, adaptaranse os espazos interiores destinados a circulación, aseos, usos propios do estadio, das instalacións e da zona comercial. No subsolo, executarase un semisoto a 5 metros; nos accesos a través da zona porticada inclúense escaleiras e oito ascensores e acometeranse actuacións nas plantas baixa, primeira, segunda, terceira e cuarta.
Ademais, a obra inclúe o cambio de butacas en bancada de Río Baixo onde, tal e como se acordou coas peñas do Celta, será retirará unha de cada cinco filas da grada, gañando entre 15 e 18 centímetros entre cada fila de butacas, ofrecendo maior comodidade.