Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Vigo celebra o Día da Música con actuacións na Porta do Sol e nos xardíns de Castrelos

Segundo informou o Concello vigués, Macarena Montesinos e Nuria Sotelo ofrecerán o seu espectáculo “Quen canta seu mal espanta” este venres ...

Segundo informou o Concello vigués, Macarena Montesinos e Nuria Sotelo ofrecerán o seu espectáculo “Quen canta seu mal espanta” este venres ás 20h na Porta do Sol, mentres que o domingo, ás 19:30h nos xardíns históricos do Pazo de Castrelos, actúa a Orquestra Clásica de Vigo. Ambos concertos contarán con medidas de seguridade.
O domingo 21 de xuño conmemórase o Día Europeo da Música e Vigo acollerá dúas actuacións gratuítas para celebrar a data, segundo trasladou este mércores o alcalde en rolda de prensa.
Ás 19:30 horas do propio domingo actuará a orquestra clásica de Vigo nos xardíns históricos do Pazo de Castrelos, na solaina de Concepción Areal. A entrada será gratuíta ata completar aforo e o programa, duns sesenta minutos de duración, consta de dúas sinfonías de Haydn e Mozart.
Concello e formación adoptan medidas de seguridade extraordinarias de precaución polo coronavirus. Os músicos manterán distancias e levarán máscaras (en función do instrumento), haberá paneis de metacrilato e empregarán as cadeiras imprescindibles. Para o público, control de aforo para garantir o acceso escalonado, distancia de seguridade entre as butacas, que estarán desinfectadas, e obrigación de uso de máscaras faciais.

Antes, este venres 21 de xuño, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra programan o espectáculo de violoncello e danza contemporánea a cargo de Macarena Montesinos e Nuria Sotelo, co nome “Quen canta seu mal espanta”. Será ás 20 horas na Porta do Sol, tamén con duración estimada de sesenta minutos, e trátase dunha proposta nova creada para a ocasión.
Esta cita igualmente prevé a adopción de medidas de seguridade, con aforo controlado para o público, que terá que estar sentado, con accesos e itinerarios á zona delimitada. O uso da máscara por parte do público é obrigado.



Entrada destacada

Otra vez el síndrome anti-Portugal : ¿falta de tacto, manipulación de la realidad, ignorancia...?.

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

Pensamiento al cierre...

"Há faunos e elfos escondidos, prontos a barrar o nosso caminho comum. Saber da sua natureza e propósito é condição primeira para viver melhor na Hispânia nossa". (António LEITE)