Levarán a cabo iniciativas para reclamar que se acometa o mantemento do Polígono de Barro, tanto no desbroce, como na iluminación ou na posta a punto da seguridade.
O PP reclama a Deputación e Concello que actúen de xeito urxente no mantemento e seguridade do Polígono de Barro
O Partido Popular reclama ao Concello de Barro e á Deputación de Pontevedra que actúen de xeito urxente no mantemento e na seguridade do Polígono, tras comprobar deputados provinciais e concelleiros o estado de abandono e falta de mantemento das principais instalacións e servizos que abastecen á instalación.
Os deputados populares Jorge Cubela, Elena Estévez e Javier Tourís, que visitaron as instalacións acompañados polos concelleiros do PP de Barro, contaron “ata cinco arquetas ou ben sen tapa ou con tapa de madeira podre, ocultas pola propia maleza e que son un risco para calquera persoa que camiñe pola zona. Hai un perigo evidente para nenos ou maiores, que poden sufrir un grave accidente se caen nunha destas arquetas con varios metros de profundidade”.
Por iso, anuncian que levarán a cabo iniciativas para reclamar ante a Deputación e o Concello de Barro que se acometa o mantemento do Polígono de Barro, tanto no desbroce, como na iluminación ou na posta a punto da seguridade.
“Sentímolo polos emprendendores e empresarios, que teñen que ver e sufrir este estado non só de abandono, tamén de perigosidade”, sinala o voceiro do grupo provincial Jorge Cubela. “Este Polígono ten todo a favor para que as empresas queira asentarse nel, cunha localización excepcional, polo que non se entende a deixadez das administracións na súa posta a punto e mantemento”. Así, denuncia tamén que hai un cadro eléctrico sen cerradura e o alumeado público está apagado de noite.
Para os populares trátase dunha actuación prioritaria. “Entendemos que nestes meses todas as administracións están priorizando medidas para paliar os danos do COVID, pero neste caso faise totalmente urxente actuar, non só por ofrecer un polígono de primeiro nivel para o asentamento de empresas e creación de postos de traballo, senón tamén para garantir seguridade e non lamentar ningún tipo de accidente futuro. Non queremos advertilo despois de que sexa tarde”, explica Cubela.
Nesta liña tamén se pronuncian desde o PP local, o concelleiro José Suárez recorda que “levamos tempo denunciando a situación calamitosa na que se atopa este polígono, xa advertimos tamén do perigo destas arquetas, pero despois de dous meses a situación de risco está completamente igual. Desde o Concello de Barro non tomaron ningunha medida”.