Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Se estrena en Redondela ( día 19) y Cangas (día 20) : llega "María Solinha", el film esperado de Ignacio Vilar

María Solinha, o novo filme do realizador Ignacio Vilar, chegará á pantalla grande a partir da semana que vén como inicio dun innovador percorrido de estreas en formato de cine de rúa e autocine por diferentes localidades galegas, así como de Castela e León e Portugal. O seu equipo explicouno hoxe na presentación organizada no Auditorio de Cangas pola produtora Vía Láctea Filmes, que contou co apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de 2019.

Redondela e Cangas acolleron gran parte da rodaxe do filme durante o pasado verán e serán tamén o escenario das súas dúas primeiras proxeccións públicas os días 19 e 20 de xuño, respectivamente, para as que se contará coa presenza das súas actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Míguez, así como do seu director e doutros destacados integrantes do elenco, como Santi Prego, Antonio Durán "Morris" e Mabel Rivera.
A esperada película de Ignacio Vilar ‘María Solinha’ percorrerá máis de 100 concellos galegos entre os meses de xuño e outubro deste ano e transgredirá as fronteiras autonómicas con representacións en Castela e León e Portugal.
A xira de Maria Solinha continuará desenvolvéndose ata o mes de outubro por diferentes localidades que non dispoñen de sala de cine comercial e onde se levarán a cabo proxeccións ao aire libre, nas que se garantirá tanto as mellores condicións técnicas para a súa exhibición como o control de capacidade e todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias. A seguinte cita co filme será no autocine de Verín, onde o 21 de xuño se celebrará un pase solidario a favor das familias con menos recursos afectadas pola pandemia do Covid-19.
Deste xeito, Vía Láctea Filmes modificou o seu plan de estrea en salas convencionais, previsto inicialmente para o pasado mes de maio, para se adaptar ao novo contexto provocado polo Covid-19. 

Na presentación que tivo lugar este mediodía, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, subliñou precisamente esta capacidade de reacción do equipo de Ignacio Vilar para "facer da necesidade virtude" e deseñar un plan inicial de distribución en formato de cine de rúa e autocines, totamente innovador en Galicia, perfectamnete compatible cos protocolos sanitarios e que, "lonxe de mermarlle valor á estrea, a dota de maior relevancia e penetración social".
Sutil subliñou igualmente os valores artísticos do novo traballo de Igancio Vilar: "Unha longametraxe galega, rodada en galego e integramente en localizacións galegas, cunha temática que afonda na nosa cultura, pero levándoa a categorías universais que a fan susceptible de proxección exterior, e que aborda dun xeito distinto, establendo paralelismos entre o pasado e presente, aspectos en permanente atención como a situación da muller, a desigualdade ou a inxustiza social", asegurou.

A primeira proxección do filme será o vindeiro venres 19 de xuño no concello de Redondela, mentres que o 20 de xuño “María Solinha” chegará a Cangas. Ambas estreas serán ó aire libre.

A historia que narra este filme arranca cando un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha, unha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición a principios do século XVII. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. Mais o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.

Dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vigopolis e Vía Láctea Films, a película conta cun reparto cen por cento galego e composto por ata 30 profesionais da interpretación, entre os que se atopa Grial Montes, actriz que protagonizará xunto a Laura Míguez a longametraxe e que quixo denunciar o tratamento da muller na sociedade actual: “Xa vai sendo hora de que nos tomen en serio. Non somos complementos, somos persoas”. Ignacio Vilar, pola súa banda, puxo o foco sobre María Solinha, explicando o enorme descoñecemento que existe con respecto á canguesa. “Penso que é importante recuperar unha figura como a de María Solinha e o cine danos esa oportunidade para dar a coñecela ante o mundo”.








Ad Code

Responsive Advertisement