martes

Reabre en Arbo el popular Mercadillo de los miércoles

Ya reabre esta semana el popular mercadillo de Arbo. 
Queda, eso sí, a la espera de que en julio se abra la frontera con Portugal, para así poder recuperar la clientela habitual de los del otro lado del río...

O "Mercadillo Municipal de Arbo" retoma a súa actividade  

A reapertura esta contemplada entre as medidas adoptadas polo concello de Arbo para reactivar a economía local.

O mercadillo retomase na Praza Consistorio e na Praza do Mercado tódolos mércores de mes.

Os postos do mercadillo estarán adaptado ás medidas de seguridade e distanciamento establecida entre postos.

O concello de Arbo, reinicia a súa actividade do Mercadillo Municipal dos mércores , suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo.
Os postos instalaranse na Praza Consistorio e na Praza do Mercado como viña sendo habitual. 
O Concello de Arbo, recorda  a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando o persoal municipal, a garda civil e o persoal dos postos. Tamén lembran que para entrar as instalacións da Praza de Abastos deberá usar mascarilla e soamente se permite unha persoa por posto ou bancada.

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, apela á responsabilidade dos veciños e veciñas,  á hora de evitar aglomeracións e tentar manter sempre a distancia de seguridade recomendada, usar mascarilla e ademais todas as  disposicións marcadas polo  Goberno de España, a Xunta de Galicia e as autoridades sanitarias. 
Coa reapertura do Mercadillo dos mércores preténdese ir pouco a pouco adquirindo a normalidade, sempre coas condicións e medidas de seguridade, e dar un paso máis na reactivación da economía local.