Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Polémica entre políticos de O Baixo Miño acerca del transporte público en la zona

El Partido Popular del concello de O Rosal hizo público un texto de análisis sobre los planes del Transporte Público de Galicia para la zona de O Baixo Miño y señalando a otras fuerzas políticas y alcaldes en lo que el PP de O Rosal estima errores de sus adversarios.
El texto divulgado dice así :

"Os Alcaldes do Rosal, da Guarda, de Tui e de Tomiño evidencian un completo descoñecemento do Plan de Transporte Público de Galicia

A posta en marcha do Plan de Transporte Público de Galicia suporá unha mellora substancial dos servizos para os veciños dos concellos do Baixo Miño.
As manifestacións feitas públicas polos alcaldes da Guarda, Tomiño e O Rosal evidencian un completo descoñecemento das liñas de autobús que proximamente entrarán en funcionamento nos seus municipios.
Os contratos, que están en fase de adxudicación, crean novas liñas de autobús máis directas desde os concellos da Guarda, Tui, O Rosal e Tomiño cara á Universidade de Vigo e aos Hospitais, como o Álvaro Cunqueiro ou Povisa, tendo en conta que se manteñen os servizos ao Hospital Meixoeiro que xa existen desde eses concellos.
Ademais, créase unha nova liña entre A Guarda, O Rosal e Oia, con 2 expedicións diarias en días lectivos.


A oferta de servizos queda da seguinte maneira :

ENTRE A GUARDA E VIGO :
Actualmente hai 14 liñas entre A Guarda e Vigo, cun total de 45 expedicións diarias . Co novo Plan de transporte pasará a haber un total de 16 liñas con 57 expedicións diarias. Isto supón un incremento do servizo diario dun 27%.
Ademais melloran os servizos entre A Guarda co CUVI e HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO. Actualmente existen 5 liñas con 12 expedicións de luns a venres. Coa implantación do Plan de transporte pasarase a 7 liñas con 19 expedicións de luns a venres.

ENTRE TOMIÑO E VIGO :
Na actual oferta de servizos, existen 14 liñas que conectaban Tomiño con Vigo cun total de 48 expedicións/día. O novo contrato ten 15 liñas que conectan Tomiño con Vigo cun total de 54 expedicións /día. Supón un incremento dun 12,5% nas expedicións diarias.
Ademais, un total de 24 expedicións (diarias) unirán Tomiño co CUVI e HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO.

ENTRE O ROSAL E VIGO :
O novo contrato conecta O Rosal con Vigo, cun total de 54 expedicións /día, das cales 3 son de nova creación, o que supón un aumento de 14 expedicións diarias en relación á situación actual. Ademais, un total de 10 expedicións (diarias) unirán O Rosal co CUVI.

ENTRE TUI E VIGO :
No novo conectan Tui con Vigo un total de 35 expedicións /día, das cales 6 terán parada no Hospital Álvaro Cunqueiro.

MELLORAS NOS PREZOS :
Coa implantación desta fase do Plan de transporte, xeraranse bonos mensuais de 50 viaxes para calquera das relacións de tráfico entre calquera par de termos municipais que formen parte do ámbito territorial do contrato (incluíndo as viaxes dentro do mesmo termo municipal).
Ademais, no marco do Plan de Transporte Público de Galicia, está previsto que unha vez implantar estes, estender a Tarxeta Xente Nova e a Tarxeta TMG aos concellos Baixo Miño "


Ad Code

Responsive Advertisement