martes

Plan provincial de la Deputación reservará plazas para personas con discapacidad

O plan provincial O teu primeiro emprego reserva prazas para persoas con discapacidade a petición do Partido Popular

No pleno de xullo de 2019 Cubela presentou un rogo para que, aínda que non sexa obrigatorio, os programas de emprego da Deputación reserven prazas para persoas con discapacidade.

“Isto tamén é unha medida fundamental para a inclusión, beneficiosa para toda a sociedade”, defende Jorge Cubela.


 A convocatoria 2020 do plan provincial O teu primeiro emprego reservará prazas para persoas con discapacidade a petición do grupo provincial do Partido Popular. O voceiro, Jorge Cubela, recorda que foi no pleno de xullo de 2019 cando presentou un rogo ao Goberno provincial para que se reservase, como mínimo, o 7% das prazas dos plans e convocatorias de emprego da Deputación para persoas con discapacidade, rogo que se executará agora coa convocatoria deste ano.
Deste xeito, e a pesar de que non sexa obrigatorio máis que para as prazas de funcionario, a proposta de Cubela pasaba porque, por analoxía, se aplicase o artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2005 e se reserve, como mínimo, o 7% das prazas para persoas con discapacidade.

“Cremos que é importante que as administracións sexan modelo e exemplo, e por iso é fundamental que sexan as primeiras en ofrecer prazas en todos os seus programas e convocatorias para persoas que teñen algún tipo de discapacidade. E, ademais, que se faga integrando, é dicir, que concorran ás mesmas convocatorias e programas que as persoas que non teñen disfuncionalidade. Isto tamén é unha medida fundamental para a inclusión, beneficiosa para toda a sociedade”, defende.
O Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, obriga a que as ofertas de emprego público para funcionarios reserven un cupo non inferior ao 7% das vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade. Por iso, o PP pediu en pleno que nas convocatorias e programas provinciais, aínda que non sexa obrigatorio máis que para as prazas de funcionario, se aplique este real decreto por analoxía e se reserven tamén estas prazas.