viernes

"“Os nosos mariñeiros non teñen que verse afectados pola limitación da pesca da sardiña até o 31 de xullo..." defiende el BNG en el Congreso

Iniciativa do BNG no Parlamento español a prol da arte do xeito. Anxo Baz: “Levamos esta iniciativa ao Parlamento español, porque non é xusto castigar aos nosos mariñeiros con cotas absurdas ao ser, o xeito, un arte de pesca sustentábel”

O deputado do BNG, Néstor Rego, presentou dúas iniciativas: unha proposición non de lei ante a mesa do Congreso dos Deputados e unha batería de preguntas ao goberno español, sobre a arte de pesca do xeito. Dende o BNG, en sintonía co sector, considérase que o Xeito é un arte artesanal de pesca de enmalle moi selectiva, na que o 85% das capturas corresponde á sardiña. É sustentábel polo que se entende que debe estar fóra de Tacs e cotas.
A formación nacionalista denuncia que esta actividade pesqueira ancestral e respectuosa coa biodiversidade, pode estar condenada á súa desaparición se lle aplican cotas e Tags tal e como se fai con sistemas de produción industrial, que son os que poden poñer en risco a conservación das pescarías e a biodiversidade mariña.

“A nosa proposición insta ao Goberno español a eliminar a cota de capturas de sardiña para a flota do Xeito que non pon en risco á esta especie, tamén solicitamos o axuste e incremento das cantidades de captura de sardiña para esta flota”, sinalou Néstor Rego, deputado do BNG no Parlamento español.
Dende o BNG lembran que esta situación afecta a unhas 427 embarcacións e a portos como os da Guarda, Cabo de Cruz, Poio… entre outros.
“Os nosos mariñeiros non teñen que verse afectados pola limitación da pesca da sardiña até o 31 de xullo dado que os mellores meses son xullo, agosto e setembro, e ainda por riba cunha cota diaria non acumulativa, polo que día que non se poida faenar, día que se perde de cota”, comentou o portavoz municipal do BNG Anxo Baz.
Dende o BNG entenden que a defensa deste sector é importante para portos como o da Guarda pola calidade do produto, pola necesidade de manter os postos de traballo nunha poboación demasiado castigada polas diferentes crises sufridas.

(In salylaurel.es