Es otra de las fotos del día. El paseo-mitin del candidato Bará (BNG) por los montes de Coiro (Cangas) le sirvió para reivindicar unas cuantas cosas (lanzando el consabido alegato contra el eucalipto), ahora que estamos en campaña electoral al fin y al cabo.
O BNG aposta por un xiro de raíz nas políticas do monte e promete “menos eucalipto e máis bosque multifuncional”, dijo Bará para prometer : unha nova Lei de Montes, cambiar o tratamento fiscal das comunidades, flexibilizar o reinvestimento no monte e un novo Plano Forestal.
Bará expuxo estas ideas nunha andaina polos montes de Coiro en Cangas na que estivo acompañado pola candidata Iria Villar, o responsable local do BNG en Cangas Valente Campos, a portavoz municipal Merche Giráldez, o presidente da comunidade de montes de Coiro Manolo Soaxe, e militantes e simpatizantes.
Bará destacou que o BNG defende a realización dun novo Plano Forestal onde se poña límite á superficie de eucalipto, e se suprima sobre todo nas terras de uso potencialmente agrario. “Un país como Galiza non se pode permitir o luxo de seguir perdendo superficie agraria para estes usos de madeiras de crecemento rápido que teñen risco de incendio. Hai que eliminar eucalipto das zonas onde non debe estar, ríos, espazos protexidos...”, insistiu.
Salientou o cabeza de cartel que o bosque atlántico, e non o eucalipto e o piñeiro, son “o bosque tradicional de Galiza, que responde á nosa identidade”, ademais de ser mellores tanto para sacar rendemento diversificado como pola a súa función ecolóxica, de protección do cambio climático e de contención fronte ás especies pirófitas e os incendios .
“O modelo do PP o que fai é que todos os esforzos se destinen á corta de eucalipto e piñeiro que vai para Ence e outras fábricas, e que non se aproveite a cadea de valor e a transformación do produto”, subliñou.