Augas de Galicia convocou unha xornada de carácter técnico cos equipos de traballo das 20 entidades locais beneficiarias da primeira liña de apoio técnico e económico lanzada no 2019 pola Xunta de Galicia, para impulsar esta ferramenta de prevención e anticipación ante estes episodios.
Esta iniciativa, de colaboración da Xunta de Galicia cos concellos nas súas competencias municipais, ten como obxectivo dotar os municipios galegos dunha ferramenta básica de planificación que lle permita garantir o abastecemento de auga á toda a poboación ante estes episodios.
O encontro permitiu dar seguimento os progresos acadados polos concellos na redacción dos plans, a posta en común das dificultades atopadas na súa elaboración e a resolución de dúbidas no seu desenvolvemento. Tamén se abordaron os aspectos máis relevantes relativos á tramitación das axudas concedidas e presentouse o modelo técnico de plan elaborado por Augas de Galicia.
Na primeira convocatoria subvencionáronse ao plans redactados no ano 2019 e neste ano 2020, e os concellos recibiron entre 4.000 e ata o máximo de 15.000 euros, segundo o caso, cubríndose a partida dispoñible de 250.000 euros.
Neste ano, a Xunta realizará unha nova convocatoria de axudas, para plans redactados no ano 2020 e 2021. Deste xeito, posibilitase tamén atender ás solicitudes presentadas na anterior convocatoria, que acadou as 85 solicitudes.
As axudas da Xunta priorizan os municipios de menos de 50.000 habitantes, financiando a Xunta nun 80% de cada plan. Son compatibles co cofinanciamento do resto das administracións públicas, como as Deputacións provinciais, como corresponsables cos Concellos dos servizos municipais nos municipios de menos de 20.000 habitantes.
A elaboración dun plan de emerxencia permite que os concellos realicen unha primeira auditoría sobre o estado das redes de abastecemento para identificar as súas debilidades, localizar posibles fugas de auga e planificar o protocolo de actuación en caso de ausencia prolongada de precipitacións.
Na actualidade ningún concello conta cun plan deste tipo, algo especialmente necesario tras constatarse serios riscos na seca de 2017.
Cómpre lembrar que a Lexislación estatal establece a obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de contar con plans de emerxencia fronte á seca.