Iberia volverá con fuerza a la línea Vigo-Madrid y otras regresan poco a poco a Peinador

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta fin de semaana que a aerolínea Iberia vai a reforzar “de forma moi notable” a conexión Vigo-Madrid. “Vai ser a ruta doméstica máis importante de España, ten unha demanda notable”, sinalou coa sua grandilocuencia habitual o rexedor durante a súa comparecencia de prensa.
Segundo indicou, Iberia disporá de 14 voos á semana en agosto entre Vigo e Madrid, mentres que Air Europa retomará as súas conexións o 15 de xullo, a compañía canaria Binter está “en reactivación” e Vueling tamén empeza a reprogramar Barcelona.
Na mesma liña, o alcalde exemplificou a importancia de Vigo como destino turístico no feito de que o portal Kayak, líder de buscas na rede, sitúa a Vigo como destino doméstico máis importante de España. “Dá unha idea do nivel de demanda da cidade, temos que estar preparados para un verano que poida ser mellor do que pensabamos hai dous meses”, indicou.

Avión de Iberia