O compromiso de Ence cunha xestión forestal sostible e responsable
impulsa o avance das máis recoñecidas certificacións no monte galego e
asturiano.
Así, o 82% da madeira adquirida pola compañía en 2019 contaba con algún
destes selos (PEFCTM e/ou FSC® con número de licenza FSC- C081854 e
FSC- C099970). Ademais, dentro da superficie forestal que xestiona Ence
(66.011 ha), máis dun 22% do total (14.822 ha)
corresponde a áreas consideradas de protección e conservación de
ecosistemas, o que reflicte a decidida aposta da empresa por un modelo
que garanta a biodiversidade no monte.
No Día Mundial da
Árbore, Ence quere destacar o papel que exerce como gran xestor de masas
forestais en España, coa sustentabilidade como un dos seus principais
eixos de funcionamento. A compañía converteuse
nun referente nacional, xa que non só aplica esta política ás súas
actividades, senón que ademais impulsa o desenvolvemento das comunidades
locais, xerando emprego e creando valor. En especial, no medio rural,
onde fixa poboación e axuda a loitar contra a
“España Baleirada”.
Ence mantivo durante
os últimos anos unha actuación baseada nos principios da certificación
forestal. Nesta liña, en 2019, a superficie patrimonial da compañía
alcanzou máis de 50.000 ha certificadas con FSC®
e máis de 56.000 ha certificadas con PEFC. Ademais, a compra de madeira
certificada e trazada PEFCTM e FSC® supuxo a promoción da xestión
forestal sostible en preto de 9.595 ha de monte.
Ence pon todos os
medios ao seu alcance para favorecer e potenciar a xestión do
propietario forestal mediante a transferencia de coñecemento e de
formación e información, así como mediante o desenvolvemento
de programas de sensibilización ambiental. Neste sentido, durante 2019
realizáronse máis de 50 encontros divulgativos con Comunidades de Montes
Veciñais en Man Común e propietarios forestais en Galicia e Asturias
por parte do persoal do equipo de Selvicultura.
O compromiso de Ence
coa xestión forestal profesionalizada e sostible materialízase tamén nos
investimentos en tarefas como repoboacións, creación e mantemento de
pistas e devasas, labores de selvicultura, elaboración
de inventarios e pago de rendas e canons. En 2019, os investimentos nos
montes patrimoniais de Ence ascenderon a case 7 millóns de euros.
Por último,
instalouse un sistema de alertas de risco de incendio para todos os
montes baixo xestión patrimonial que mellora a planificación dos
traballos. Estableceuse un sistema de alertas adicional cos
focos de calor próximos a montes de Patrimonio segundo diversos
satélites da Nasa, que permiten previr potenciais danos, e lanzouse unha
nova instrución para actuación en caso de incendios forestais.