Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Xunta y Distribución llevan a las redes sociales estimular el consumo con la campaña #VOUDESÚPERFEIRÓN

O conselleiro do Medio Rural reuniuse por videoconferencia cos responsables das empresas distribuidoras implicadas en Mercaproximidade

A XUNTA E A DISTRIBUCIÓN IMPLEMENTAN A CAMPAÑA #VOUDESÚPERFEIRÓN NAS REDES SOCIAIS PARA FOMENTAR O CONSUMO DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS A TRAVÉS DE RECEITAS

Con este novo impulso promocional -que se iniciará nas vindeiras semanas- trátase de animar a que cadaquén, desde a súa casa, elabore receitas con produto galego e que as presente nas súas redes sociais co cancelo #FeirónNaCasa, no marco da campaña #VoudeSúperFeirón

José González celebrou a boa marcha da canle Mercaproximidade e lembrou que en total máis de 450 gandeiros, agricultores e industrias se sumaron a esta rede, así como a práctica totalidade das cadeas de distribución de Galicia 

A Xunta e a distribución alimentaria van reforzar e implementar a campaña de comunicación #VoudeSúperFeirón nas redes sociais cunha orientación orixinal e participativa para fomentar o consumo de produtos do agro galego no fogar a través de receitas gastronómicas. 

Así o explicou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, tras reunírense por videoconferencia con representantes das dez cadeas de distribución que colaboran con Mercaproximidade, a canle alternativa de venda creada pola Xunta co fin de dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que na emerxencia sanitaria viron pechadas as súas canles habituais de comercialización. Esta vía de venda promociónase, precisamente, a través da devandita campaña.

O conselleiro trasladou que con este novo impulso -que se porá en marcha nas vindeiras semanas- trátase de animar a que cadaquén, desde a súa casa, elabore receitas con produto agroalimentario galego e que as presente a través das súas redes sociais co cancelo #FeirónNaCasa. González destacou que esta é unha maneira lúdica de potenciar e poñer en valor a despensa galega nos fogares, nun momento no que aínda existen dificultades para comercializar as producións do agro galego en canles como as da hostalería e a restauración, malia que se vai avanzando pouco a pouco.

Éxito de Mercaproximidade
Neste sentido, o titular de Medio Rural celebrou a boa marcha da canle Mercaproximidade e lembrou que en total máis de 450 gandeiros, agricultores e industrias se sumaron a esta rede, así como a práctica totalidade das cadeas de distribución que operan en Galicia. Por este motivo, agradeceu, unha vez máis, a súa colaboración a Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour, Grupo Cuevas, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA. 

O conselleiro recordou que esta canle “naceu co obxectivo de apoiar o inxente labor que, día a día, sen descanso, os nosos produtores do rural levan a cabo para que na mesa non nos falte de nada” e puxo en valor que “eses agricultores e gandeiros, como verdadeiros heroes, foron quen de seguir traballando arreo desde as nosas aldeas durante a emerxencia sanitaria para garantir a prioritaria subministración de alimentos”. 

Por iso, engadiu González, a Xunta quixo estar ao seu carón, “especialmente cando se suspenderon os mercados locais, unhas feiras das que moitos dependían para vender os seus produtos e que paseniño van retomando a súa actividade por toda Galicia, así como cando pechou a hostalaría e a restauración, e moitos outros quedaron sen a súa principal canle de comercialización”.

Vertente solidaria
Por último, o conselleiro do Medio Rural quixo salientar tamén a vertente solidaria de Mercaproximidade, xa que a partir desta canle a Xunta está a mercar numerosos produtos agroalimentarios para cederlles a hospitais, comedores e outras entidades sociais de toda a comunidade. 

Así, José González sinalou que “ao abeiro de Mercaproximidade todos sumamos, e todos queremos seguir sumando”, porque “cada un de nós pode aportar algo para o futuro do noso rural e hoxe animamos a cada familia da comunidade, a cada galego, a que pense en Galicia ao facer a súa lista da compra e tamén á hora de cociñar”.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement