Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Los ERTE provocan preocupación en el sector de la Comunicación Social

El Boletín semanal del Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lo apunta en su edición de esta semana del modo siguiente : 

Os ERTE provocan preocupación no sector da Comunicación.
Numerosos medios de comunicación acolléronse á figura do ERTE ante as dificultades económicas provocadas pola crise sanitaria. Esta situación está a xerar preocupación no sector do xornalismo, que ve como a redución de traballadores prexudica a cobertura informativa e teme que se produzan despedimentos tras a súa aplicación. 

Malia a que a pandemia do Covid-19 deixou clara a necesidade do xornalismo, até o punto de ser considerada actividade esencial, os Expedientes de Regulación de Emprego (ERTE) presentados pola crise económica tras as medidas do estado de alarma chegaron con forza tamén ao mundo da comunicación. As estatísticas de emprego do mes de abril, presentadas a pasada semana, revelaron como, dentro do grupo no que se integran os xornalistas (pero tamén outros profesionais da comunicación e a publicidade), as persoas afectadas por un ERTE pasaron de 692 a 24.107, unha boa mostra do efecto desta medida no sector.

Varios dos principais medios acolléronse a esta figura, e xa apareceron algúns balances do seu uso nos medios de comunicación. Así, presentáronse ERTE polo menos en El País e na Cadena Ser, en Marca, El Mundo e Expansión, en La Vanguardia, no ABC e no resto de medios de Vocento, en 20 Minutos e outros medios do Grupo Henneo, na produtora Globomedia de Mediapro, nas cabeceiras de Prensa Ibérica (editora dos galegos Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña), ou no andaluz Grupo Joly.

Algunhas organizacións de xornalistas manifestaron a súa preocupación pola presentación destes ERTE. Así, Agustín Yanel, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Xornalistas, pediu que se garanta o mantemento do emprego trala aplicación desta medida, porque “na situación actual, tememos que algunhas empresas poidan ter a tentación de axustaren máis os cadros de persoal”.
Desde o Colexio de Xornalistas fíxose un chamamento a non abusar dos ERTE nos medios. Ademais, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas reclamou axudas directas para axudar ao sector da comunicación e que a previsíbel crise económica derivada da emerxencia sanitaria non se traduza en máis perdas de emprego nun sector xa castigado abondo.


 

Ad Code

Responsive Advertisement