Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Lanzan os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Carvalho Calero

O Portal da Lingua Galega, o portal #aculturasegue o novo web Carvalho Calero 2020 ofrecen en aberto a exposición ‘A voz presente’, unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario, guías de lectura de ‘Scórpio’; audiovisuais e a imaxe icónica orixinal conmemorativa deste 2020 no que a RAG homenaxea ao polígrafo ferrolán

A XUNTA E A AGAL LANZAN OS PROXECTOS DIVULGATIVOS DA FIGURA,  VIDA, OBRA E TRAXECTORIA DE RICARDO CARVALHO CALERO

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) lanzan nesta Semana das Letras Galegas os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) o vindeiro domingo 17 de maio, no marco do acordo de colaboración entre as dúas entidades. Así o deron a coñecer hoxe nun encontro dixital organizado pola AGAL, no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, acompañados do presidente da AGAL, Eduardo S. Maragoto. O encontro dixital contou tamén coa participación do director de Ouvirmos, Xosé Aldea. 

Ao abeiro desta colaboración ven a luz o web Carvalho Calero 2020, nas súas versións oficial adaptada á norma ILG-RAG e tamén á de AGAL; o avance do proxecto expositivo A voz presente, á espera de que as circunstancias motivadas pola Covid-19 permitan o arranque da itinerancia prevista en varios puntos de Galicia e en Portugal; as unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro; as guías de lectura de Scórpio elaboradas por Susana Sanches Arins e Teresa Crisanta V. Pilhado; e materiais audiovisuais.

‘A voz presente’, avance en edición dixital 
Ademais dos materiais didácticos, escolares e divulgativos de Carvalho Calero implementados no Portal da Lingua Galega e na campaña #aculturasegue, no que se poden consultar en aberto a biografía e obra do autor, fotografías e traxectoria, o web da Consellería de Cultura e Turismo ofrece un avance dos contidos, en formato dixital, que configuran o proxecto expositivo A voz presente. A mostra institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 está promovida pola AGAL en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, e comisariada polos profesores Carlos Quiroga e Xosé Luís Rodríguez e deseñada e producida por Ouvirmos S.L., cos obxectivos de difundir a dimensión artística, humana e lingüística de Ricardo Carvalho Calero e de poñer en valor e resituar a súa figura e o seu legado. 

A exposición iniciará, ata decembro, a itinerancia en diferentes puntos de Galicia e no Concelho de Viana do Castelo (Portugal), coa colaboración do eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, en canto as restricións da Covid-19 o permitan e baixo dobre formato, amplo, con exhibición nos concellos de Ferrol e Santiago de Compostela, e reducido, con paradas en concellos da Rede de Dinamización Lingüística, bibliotecas nodais e Museu do Traje (Concelho de Viana do Castelo, Portugal). Os paneis expositivos e o folleto explicativo pódense descargar en www.lingua.gal/a-voz-presente.

Materiais didácticos para traballar a Carvalho desde o ensino
Tamén están dispoñibles nos mesmos webs as unidades didácticas deseñadas pola AGAL en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e coa Deputación da Coruña, coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.

Baixo os títulos Á descuberta de Carvalho Calero, de Bernardo Penabade; Carvalho Calero e a literatura e Carvalho Calero e a lingua, ambas as dúas de Marisa Moredo Leirado, e Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz, faise un percorrido pola vida e a obra do autor, cunha detallada cronobiografía e diversas tarefas que teñen como obxectivo salientar o seu papel como estudoso da literatura galega, docente e lingüista. Nelas, préstaselle especial atención á sua magna Historia da literatura galega contemporánea, á propostas Gramática elemental del gallego común e ao modelo ortográfico reintegracionista que defendeu na derradeira etapa da súa vida, ademais de incluír unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña para o alumnado de educación infantil e primaria.
‘Scórpio’, a obra máis carismática

Os materiais didácticos inclúen dúas guías de lectura da novela Scórpio, a derradeira obra publicada en vida de Carvalho Calero, en 1987, e, asemade, a máis carismática do autor, asinadas por Susana Sanches Arins e Teresa Crisanta V. Pilhado. Para alén de apoiar estas iniciativas de divulgación social promovidas pola AGAL, a Consellería de Cultura e Turismo apoia a edición dos títulos conmemorativos do ferrolán impulsados polo seu selo editorial Através Editora Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra e Scórpio, así como o acto de lectura pública desta segunda obra, previsto para o 16 de maio mais adiado ata que a situación derivada pola pandemia permita celebralo en condicións óptimas de garantías sanitarias. 



إرسال تعليق

0 تعليقات

Ad Code

Responsive Advertisement