Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Lamprea, orilla española del río Miño : los alcaldes logran la reapertura de las "pesqueiras"

O Concello de Arbo, recibe comunicación informando da reapertura da pesca tradicional da lamprea no tramo do Rio Miño.

"Dende o Concello, queremos solicitar a colaboración dos pescadores para que se ciña exclusivamente a pesca mantendo a distancia de seguridade de alomenos dous metros e todas as medidas establecidas polo Goberno de España", advirte o Alcalde

O Pescadores teñen a obriga de levar chaleco salvavidas.

A decisión de autorizar a pesca chega como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Português, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse o pasado sábado de maneira urxente, para tratar sobre a pesca da lamprea. 

 Na reunión, os rexedores e a rexedora decidiron remitir un escrito conxunto urxente dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade está considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo. 

Na tarde hoxe, domingo, o Concello de Arbo recibía comunicación da Comandancia Naval do Miño, donde se informaba que a solicitude dos Concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente para a reapertura da tempada de pesca tradicional no TIRM, efectuadas pola Comandancia as consultas pertinentes á Delegación do Goberno en Galicia, de conformidade co escrito e as alegacións presentadas polos alcaldes e a alcaldesa dos catro municipios, se reabre a pesca tradicional da lamprea no tramo español do Rio Miño dende ás 1:00 horas do 4 de maio.

O alcalde de Arbo, agradece a sensibilidade mostrada cos catro concellos e cos pescadores de Lamprea de estes concellos limítrofes. O rexedor recorda que tal e como informa a Comandancia Naval do Miño, para o desenvolvemento desta actividade, os pescadores con licenza en vigor de pesca tradicional desde pesqueiras, deberán cumprir as medidas establecidas polo Goberno para previr o contaxio, así como a obrigación do emprego de chaleco salvavidas.


 

Ad Code

Responsive Advertisement