Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta gastará 1.265.487,82 € en rehabilitar el legendario Instituto Santa Irene

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar en Contratos de Galicia a licitación da obra de rehabilitación integral do IES Santa Irene (Vigo), por un importe total de 1.265.487,82 € . O prazo de execución da obra será de 7 meses, polo que se prevé comezala no verán e que continúe, coas máximas condicións de seguridade, durante o curso escolar. Os traballos son susceptibles de cofinanciación polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións programadas divídense en tres tipos: as de mellora enerxética, as de mellora da accesibilidade e as de mantemento. No referido á eficiencia enerxética, substituiranse os materiais da actual cuberta, repararanse as fiestras de madeira e mudaranse as reixas das da planta soto e revisarase a carpintería de aluminio existente. Ademais instalarase nova iluminación LED, e calefacción e ventilación mecánica e drenaranse os muros exteriores baixo rasante.
Para mellorar a accesibilidade do centro instalarase un ascensor de baixo consumo, farase un novo acceso desde o espazo exterior ao semisoto e adaptaranse os aseos de todos os andares e os pasamáns das escaleiras.
Entre outros traballos de mantemento, repararanse as humidades e as fendas en paredes e teitos, así como o pavimento; pintarase todo o interior do inmoble e revisaranse as das fixacións da maquinaria do reloxo da torre. Os traballos aproveitaranse tamén para tapar o escudo franquista que existe na fachada do centro.

El edificio, en los años 40 del siglo pasado




Ad Code

Responsive Advertisement