Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Gobierno municipal estudia peatonalizar calles también en días laborables

O goberno de Vigo estuda peonalizar rúas tamén nos días laborables. Ante o bo funcionamento da medida o pasado domingo e o venres festivo anterior, 1 de maio, Abel Caballero anunciou este luns que se estuda levar a medida aos días laborables, ben retirando todo o tráfico, ben ampliando o espazo dispoñible para os peóns. Máis de trinta rúas xa son peonís en domingos e festivos.

En rolda de prensa por videoconferencia, o alcalde trasladou este luns que deu orde á tenente de alcalde e concelleira de Mobilidade e Seguridade, Elena Espinosa, e á Policía Local de Vigo de estudar a peonalización completa de rúas ou ampliación do espazo para camiñar tamén nos días laborables. O obxectivo municipal é facilitar que a cidadanía poida manter as distancias de seguridade como medida de prevención dos contaxios do coronavirus, unha vez se inicia a desescalada.

Abel Caballero encargou un plan de peonalización ou ocupación de calzada en días laborables que será compatible co tráfico rodado, segundo explicou. “Imos poñelo en práctica, haberá algunhas rúas e algúns carrís que estarán abertos aos peóns”, manifestou o alcalde, quen agardará ao resultado do estudo para avanzar os detalles, como por exemplo se se aplicará durante toda a xornada ou unhas horas do día.
Esta pasada fin de semana, o Concello comezou a aplicar a medida en máis dunha trintena de rúas e, ante o bo funcionamento no venres festivo e no domingo, o goberno de Vigo valora ampliar o número de viais e estender o modelo aos días laborables.

Domingos e festivos
Desde esta pasada fin de semana, son peonís en domingos e festivos rúas en Bouzas (Pescadores, Paulino Freire, Alfredo Braña e Tomás Alonso -desde Simancas ata Pescadores-), a Avenida de Balaídos e as rúas Zamora e Regueiro, esta última entre Barcelona e a Gran Vía. No entorno de Torrecedeira, son peonís Pi y Margall, Marqués de Valterra, Jacinto Benavente, Instituto Oceanográfico e Juan Ramón Jiménez.
No centro de Vigo pasan a ser peonís Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Reconquista, Marques de Valladares, Carral, Victoria, García Olloqui, Concepción Arenal, Montero Ríos (paso de bus urbano cara o centro por Carral, Marques de Valladares), Colón (entre Areal e Policarpo Sanz), Areal (entre Canceleiro e Colón), Inés Pérez de Ceta, Pontevedra e Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
Na zona de Urzáiz, a medida afecta á Praza de Fernando o Católico e ás rúas Santo Domingo e Condesa Casa Bárcena; nas proximidades da estación de autobuses, a rúa Xílgaro; e en Teis, as rúas Purificación Saavedra, Santander e Pedro Alvarado (entre Enrique Lorenzo e Maceiras).
Nestas rúas, nos domingos e festivos, respectase en todo caso o acceso rodado aos domicilios, a un máximo de 10 km/h, e tamén se favorece a prestación do servizo do transporte público urbano.



Ad Code

Responsive Advertisement