viernes

Este lunes vuelve Deputación a la atención presencial

Este lunes vuelve a la atención presencial la Deputación de Pontevedra. Por segunda vez en pocos días, el organismo recuerda -en sus notas de prensa- que tiene todo dispuesto al efecto.
O goberno provincial ten xa todo en marcha para a progresiva recuperación cara a nova normalidade na Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o 1 de xuño, aínda que se seguirán recomendando os medios telemáticos, se reabrirá a atención presencial ao público, a través dun sistema de cita previa, e comezará de forma progresiva a reincorporación do persoal traballador da institución provincial .
O plan inclúe cuestións relativas á organización do traballo, itinerarios e percorridos a realizar nos diferentes espazos da Deputación, delimitación de fluxos de movemento e uso de espazos e atención ao público. Trátase dun programa progresivo que se irá modificando en función da evolución da realidade e das normas que vaian aprobando as diferentes administracións, sempre atendendo á saúde e seguridade das persoas. 
En canto ao persoal, que fichará ben con tarxeta (pero sen pegada dactilar para evitar contaxios) ou a través do ordenador, comezará a reincorporarse este próximo luns. Neste eido, o goberno provincial, en colaboración cos sindicatos, determinou diferentes modalidades de traballo ( presencial, en remoto, parcialmente remota ou mixta). Tamén cuestións relativas á flexibilización do horario de traballo, para evitar aglomeracións nas entradas e saídas, establecemento de quendas rotatorias, e fluxos de movemento a través de planos que determinan os percorridos de entrada e saída a realizar. Ademais, estudáronse os espazos públicos e oficinas de todos os edificios para garantir a distancia de dous metros de seguridade que, de non ser posible, contarán con mamparas de separación.
No interior das dependencias da Deputación de Pontevedra intensificaranse as medidas de hixiene, limpeza e desinfección e todo o persoal contará con medidas de protección individual: mascarillas, luvas e xel hidroalcohólico. “Temos xa todo ese material para un ano”, asegurou a presidenta.
No que respecta á atención ao público, tamén recupera desde o luns o xeito presencial, aínda que cun sistema de cita previa a través da sede electrónica da Deputación. Trátase dun sistema, destacou a presidenta Carmela Silva, “moi sinxelo, parecido ás citas médicas que pedimos por Internet”, que asigna día e hora dentro dos tramos escollidos polas persoas usuarias. Neste eido, recordou que o sistema de cita previa tamén se está a aplicar nos concellos da provincia. Independentemente de que continuará a atención telefónica e telemática da veciñanza, as persoas que acudan ás dependencias da Deputación de Pontevedra atoparanse, tal e como detallou a presidenta, con “medidas de seguridade moi exhaustivas”. Terán que acudir con mascarilla, de xeito obrigatorio, e pasarán por alfombras de desinfección do calzado e controis de medición de temperatura. Unha vez nos edificios, as persoas usuarias terán á súa disposición atención personalizada que as dirixirá ao lugar ao que queren encamiñarse garantindo o cumprimento das medidas de seguridade.