Grazas a un temperán protocolo de seguridade, implementado desde o pasado 24 de febreiro en todos os centros de traballo de Ence, a compañía puido manter a subministración de celulosa, fundamental para a fabricación de produtos hixiénicos e sanitarios, e de enerxía renovable, diminuíndo os efectos negativos do Covid-19.
A compañía quixo ir un paso máis aló, demostrando o seu firme compromiso coa comarca e axudando aos seus veciños nestes momentos difíciles. Así, en liña co seu compromiso coas comunidades nas que opera e, en concreto, coa sociedade galega, Ence continúa xerando emprego na contorna da súa biofábrica de Pontevedra. A empresa lanzou unha bolsa de emprego mediante a que busca persoas interesadas en incorporarse ao equipo humano do complexo industrial de Lourizán, traballando no área Laboral de Operacións de Celulosa.
Entre os perfís demandados, que se incorporarán ao persoal ao longo de 2020, atópanse tanto operadores de campo (lavado, parque de madeiras, liña de balas, enerxía) como persoal de mantemento (mecánicos, eléctricos e instrumentistas). Por esta razón, os estudos que máis se axustan ós postos vacantes son graduados en Enxeñería Química Industrial, Tecnoloxía de Minas e Enerxía, Tecnoloxías industriais, Eléctrica, Mecánica, Electromecánica ou ciclo superior, FPII, rama técnica relacionada; así como persoas con formación en Prevención de Riscos Laborais.
Á hora de realizar o proceso de selección, valoráronse unha serie de criterios, entre os que destacan residir na contorna da biofábrica ou nun concello limítrofe, traballar en contornas industriais e a quendas de traballo, ademais de traballar en equipo e manter interese no desenvolvemento profesional.
Estes novos postos de traballo súmanse aos 5.100 que a compañía xa xera en toda Galicia, poñendo de manifesto o papel que Ence exerce na comunidade galega, especialmente na comarca de Pontevedra, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a xeración de emprego directo e indirecto e a posta en marcha de proxectos sociais.