Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Museo de Pontevedra estrena este viernes "Solpor", una exposición virtual

En formato vídeo, a mostra recolle 25 fotografías de cinco fotógrafas e fotógrafos galegos acompañados de ‘petiscos poéticos’ de autores e autoras homenaxeados nas Letras Galegas

O MUSEO PROVINCIAL ESTREA ESTE VENRES ‘SOLPOR’, A SÚA PRIMEIRA EXPOSICIÓN PRODUCIDA PARA SER VISTA DE XEITO VIRTUAL EN LUGAR DE NAS SÚAS SALAS

O Museo Provincial de Pontevedra estreará este venres ‘Solpor’, a súa primeira exposición producida para ser vista de xeito virtual en lugar de nas súas salas. En formato vídeo recolle 25 imaxes da paisaxe galega tomadas por cinco fotógrafas e fotógrafos galegos acompañados de ‘petiscos poéticos’ de autoras e autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Esta nova iniciativa xorde con motivo da celebración do día das Letras Galegas -o vindeiro domingo- e do Día dos Museos, que se conmemora o luns 18 de maio en todo o mundo. Dado que os edificios do Museo aínda non están abertos con motivo da crise sanitaria, a Dirección non quería deixar pasar ámbalas dúas datas e buscou un novo formato ata o de agora inédito para a institución pontevedresa, o virtual, xa que o público só poderá ver as pezas a través do Facebook do Museo e a través da súa páxina web.

Dende o Museo escolleuse a fotografía como ‘medio de expresión’ porque “sen dúbida, de todas as ramas artísticas, é esta, xunto coa ilustración, a que menos alteración causa sobre as obras, nacidas xa no mundo dixital”, segundo explica a comisaria da mostra, Fátima Cobo.

No vídeo, editado por Joaquín Barreiro, inclúense 25 fotografías de cinco fotógrafos e fotógrafas galegas, acompañadas por cinco fragmentos poéticos doutros tantos escritoras e escritores do país homenaxeados ao longo do tempo no día das Letras Galegas. As imaxes pertencen a Xulio Gil, Anxo Rial, Susi Suárez, Enrique Touriño e Miguel Vidal, e convivirán aparecen secuenciadas en cinco treitos por fragmentos poéticos de ‘O Craustro’, de Ramón Cabanillas; ‘Cando a luniña aparece’, de Rosalía de Castro; ‘Eu en ti’, de Celso Emilio Ferreiro; ‘Inda vou na misma meniña’, de María Mariño; e ‘Biografía do Miño’, de Manuel María.
En palabras da comisaría, “da man da fotografía ‘Solpor’ quere ser unha fiestra á beleza da paisaxe galega nun momento do día no que as cores se volven máxicas. Unha fiestra á nosa literatura, dando voz a algúns dos fragmentos poéticos máis fermosos das nosas letras, pero tamén, e sobre todo, unha invitación ao goce das nosas paisaxes, da obra dos nosos artistas e das palabras dos nosos escritores e escritoras”.

Reapertura das instalacións

Como xa se anunciou o pasado sábado, o Museo de Pontevedra está a prepararse para a súa apertura ao público. Polo de agora non hai fixada unha data definitiva de reinicio da actividade, xa que continúan os preparativos para garantir unha boa experiencia na visita ás coleccións sempre dentro dos requisitos sanitarios establecidos nos protocolos.
Unha das novidades, en calquera caso, é que a reapertura se poderá facer mantendo as dúas exposicións vixentes no momento do peche: a de Leopoldo Nóvoa, que levaba aberta dende primeiros de marzo e debía pechar o 26 de abril, e a de ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’, que se inaugurou o último día que o Museo estivo aberto antes do confiamento. Ambas estarán a disposición do público ata o vindeiro 30 de agosto.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement