Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

CSIF pide a diputados y senadores del PP que no traguen en el asunto de las "clases pasivas"

Deputados e Senadores do PP de Pontevedra escoitan as demandas de CSIF sobre a modificación da xestión das clases pasivas.
Piden que se tramite por Lei, un proceso máis transparente con emendas e debate, e non por Real Decreto Lei, pola porta de atrás e aproveitando a actual crise sanitaria.

Deputados nacionais e Senadores do Partido Popular de Pontevedra mantiveron unha reunión con representantes de CSIF, sindicato maioritario dos funcionarios, para escoitar as súas valoracións e demandas sobre a modificación da xestión das clases pasivas que aprobou o Goberno central recentemente, en medio da crise do COVID-19, e como vai a afectar aos funcionarios desta provincia.

Concretamente, os deputados María Ramallo, Diego Gago e Javier Bas, e os Senadores Pilar Rojo, Javier Guerra e Elena Muñoz reuníronse por videoconferencia con Jerónimo Fernández e Julio Gómez, presidente e vicepresidente provincial de CSIF Pontevedra, e presentáronlle a iniciativa do grupo parlamentario do Partido Popular no Congreso, que xa presentou unha pregunta ao respecto, que tamén se trasladará ao Senado. Calculan que arredor de 12.500 funcionarios da provincia estarían afectados por esta situación.
Os populares subliñan que comprenden a preocupación e as incertezas que xera esta decisión do Goberno central, máxime cando parece que aproveitan a actual crise sanitaria para introducir pola porta de atrás un Real Decreto Lei, en lugar de apostar por un procedemento máis transparente, con debate e emendas. Precisamente, isto é o que piden o sindicato, “que esta modificación da xestión das clases pasivas se tramite por Lei e non sexa imposta por Decreto, porque o que está provocando esta actitude é que os funcionarios teñan moitas dúbidas e incertezas de cara o seu futuro como perceptores de pensións pero tamén aos actuais pensionistas”.
O Real Decreto Lei 15/2020, de 21 de abril, de Medidas Urxentes Complementarias para Apoiar a Economía e o Emprego, entre outras medidas introduciu modificacións substanciais tanto no referente á normativa reguladora do Réxime de Clases Pasivas do Estado, “todo sen terse negociado e informado previamente aos representantes sindicais dos traballadores e obviando absolutamente o procedemento ordinario da tramitación parlamentaria, que permitiría que houbera debate ao respecto e presentación de emendas.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement