Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Condiciones de seguridad nuevas en el régimen de visitas al "Príncipe Felipe"

O Comité de Seguimento do Covid19 do Centro Príncipe Felipe, coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, avaliou na súa reunión de hoxe as condicións que contemplará o novo réxime de visitas, que implementará medidas de control, hixiene e seguridade para o acceso das familias dos e das menores residentes.

O goberno provincial xa remitiu o documento á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, á que insta a axilizar o procedemento para que as visitas podan ser unha realidade canto antes. “Queremos comezar de xeito inminente, dixo Carmela Silva. Temos todo preparado para poder facelo e cremos que as nenas e nenos do centro non poder sufrir unha discriminación respecto a outros menores que, nesta nova fase, xa poden ver aos seus seres queridos”. Espero por elo, sinalou a presidenta provincial, que instamos a Política Social a que nos remita canto antes as súas indicacións para o centro e avalíe o noso novo réxime de visitas”.

O plan desenvolvido pola Deputación contempla tanto normas xerais e específicas para as persoas participantes, como o persoal implicado nas visitas das familias e os espazos e tarefas a realizar para garantir a súa seguridade. En liñas xerais, as visitas durarán como máximo 1 hora e poderán repetirse como máximo dúas veces á semana. Organizaranse con cita previa e realizaranse de xeito individual, en perfectas condicións sanitarias e de hixiene e mantendo as distancias de seguridade. Os encontros terán lugar na Unidade de Primeira Acollida, por ser este un espazo de maior facilitade de vixilancia e desinfección. Soamente se aceptará a entrada dun adulto por cada neno/a ao recinto habilitado para as mesmas. Se son varias as persoas da familia que acoden ao Centro Príncipe Felipe, establecerase un sistema de quendas de tal xeito que entre unha persoa ao espazo habilitado para a visita e a outra agarde no exterior do centro, a carón do punto de acceso e control.

O plan define ademais as tarefas pormenorizadas a desenvolver por todas as persoas traballadoras implicadas nas visitas ás nenas e nenos de Príncipe Felipe. Así, no caso das traballadoras e traballadores sociais, serán as persoas encargadas de determinar a data e hora da visita, de proporcionar as normas ás familias e de remitir información ás e aos oficiais de control e vixilancia. Pola súa banda, estas traballadoras e traballadores controlarán as zonas habilitadas para vehículos e visitas, comprobarán os datos das persoas que asistan e participen na visita

Tamén, no control de acceso, haberá que pasar por un control da temperatura e se entregará material de protección, (mascarillas e luvas), antes de acompañar á sala de visitas habilitada. Finalmente, o persoal educativo realizará o acompañamento das e dos menores á sala de visitas e comprobarán as condicións hixiénico sanitarias das persoas visitantes, velando pola seguridade da rapazada ata o fin do encontro.
Todo o persoal implicado nas visitas será formado e informado deste novo réxime para o seu coñecemento e posta en práctica.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement