Caballero envía recado expreso a hosteleros inconscientes y clientes irresponsables

“Nas terrazas houbo algunha saturación non desexada e de ningún modo pode suceder, todos temos que ter especial coidado: clientes e propietarios. Non pode haber aglomeracións nin se pode romper a disciplina da saúde. Recomendación de que respectemos as normas, son para coidar a vida da xente”.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu de que non poden repetirse as imaxes como a deste inicio de semana cando a Policía Local tivo que intervir na Praza de Independencia pola presenza de numerosos nenos no parque mentres moitos pais e nais estaban sentados nas terrazas de establecementos.

O rexedor asegurou que “non pode ser, estamos en estado de alarma, o coronavirus é tremendo, tomémolo en serio, non podemos relaxarnos. Onte apercibiuse aos pais pero quero facer un chamamento á responsabilidade da cidade, a mesma que tivemos no confinamento temos que tela agora na fase 1”.
Sobre a posibilidade de impoñer sancións ou multar ás persoas que non cumpran, Caballero apuntou que “chegado o caso pode facerse de todo pero non quero que chegue o caso, fago advertencia moi seria”.
O alcalde tamén mencionou que os responsables da Asociación Provincial de Hostalería xa lamentaron os feitos e advertiron de que hai que ter atención e coidado. “Foron feitos concretos en lugares concretos, eu non quero xeneralizar pero quero advertilo, tomémolo con seriedade e responsabilidade, falamos da vida da xente. O mesmo para os clientes”, puntualizou.
O alcalde lanzou unha seria advertencia no caso de que existan incumprimentos da normativa para a desescalada da pandemia do Covid-19. Caballero insiste en que deben gardarse as distancias nas rúas e nas terrazas dos establecementos hostaleiros. 

Share: